Notas de prensa

Afundación presenta a mostra 'Galicia, a un paso de ti' para invitar aos galegos a redescubrir o seu territorio

As circunstancias excepcionais provocadas pola pandemia, que limitan os seus desprazamentos, ofrecen tamén unha oportunidade para observar de novo o que nos rodea, poñelo en valor e protexelo. Ese é o obxectivo da exposición Galicia a un paso de ti de Turismo de Galicia, que inauguraron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Afundación, Miguel Ãngel Escotet na sede de Afundación de Santiago de Compostela.

A mostra, que estará na cidade compostelá ata o vindeiro 15 de maio, retrata a través de máis de 200 imaxes do fotógrafo Adolfo Enríquez a natureza e o patrimonio histórico de Galicia converténdose nunha invitación aos galegos a redescubrir o seu territorio. Así o destacou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou “a oportunidade de confirmar que somos privilexiados por vivir no mellor lugar do mundo, nun destino con tantos recursos turísticos dos que esta mostra plasma algúns exemplos das marabillas e tesouros da comunidade”.

Nesta liña, lembrou que o turismo interno está a ser clave na reactivación do turismo galego, motivo polo cal a Xunta aposta por programas destinados a inxectar liquidez ao sector como a ampliación do Bono Turístico #QuedamosenGalicia, que se estenderá a toda a poboación galega, ou a renovación de Elixe Galicia, con paquetes turísticos para animar aos galegos a coñecer a súa propia terra. Deste xeito, Alfonso Rueda sinalou a necesidade de fomentar a mensaxe de Galicia como un destino seguro e de calidade para que cando a situación sanitaria o permita, turistas e peregrinos poidan visitar a comunidade, ao igual que están facendo os propios galegos.

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente de Afundación, Miguel Ãngel Escotet inauguraron esta mañá a mostra, que percorrerá posteriormente outras sedes da Obra Social de ABANCA nas cidades galegas. Ao acto tamén asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o director xerente de Afundación, Pedro Otero e Adolfo Enríquez, fotógrafo autor das imaxes da exposición.

A mostra de Turismo de Galicia xira arredor de tres piares fundamentais: natureza, patrimonio e Camiño de Santiago. Esta diversidade permite descubrir instantáneas da Galicia interior bañada por mil ríos, das súa praias e dos seus parques naturais, do Parque Nacional das Illas Atlánticas, pero tamén das rutas xacobeas e a zona histórica de Compostela ou monumentos como a Muralla de Lugo ou da Torre de Hércules, declarados todos eles pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, ademais dunha multitude de imaxes das da gastronomía, das festas ou os costumes conservado ao longo dos séculos, nunha simbiose perfecta de tradición e modernidade.

As 216 imaxes son unha mostra representativa de todo o esplendor de Galicia, que serven para cautivar a quen non a coñece e para convidar a quen a habita a descubrir pequenos paraísos que están apenas a uns pasos.

O autor

As imaxes da mostra pertencen ao fotógrafo Adolfo Enríquez (Porto do Son, 1965), que empezou na fotografía aos 14 anos ata converterse nun nomeado profesional cunha gran paixón polos escenarios naturais de Galicia. Unha devoción plasmada en guías e revistas de viaxes; exposicións en varios continentes, e nos libros Cara a Santiago e Sinte Galicia.

Afundación , 2021-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (arte-multiple-uvigo.jpg) A característica fundamental de artes gráficas como o gravado é a existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras. Partindo dese elemento, a propia evolución da arte contemporánea e os avances tecnolóxicos transformaron nas últimas décadas a noción de arte múltiple, cara o que o grupo dx5 (Digital & Graphic Art Research), da UVigo, denomina 'gráfica de campo expandido', concepto que tamén fai referencia a como a gráfica contemporánea abandona o seu carácter bidimensional para 'conquistar o espazo'. Para afondar nestas ideas, o grupo promove o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo', con tres exposicións, conferencias e intervencións no espazo público.
Foto de la tercera plana (praias-05.jpg) Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor recoñece a areais de todo o mundo seleccionados en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Notas

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES