Notas de prensa

O EcomWay reúne esta semana a profesionais do turismo arredor do Camiño Inglés

Desde o martes 21 ao venres 24, A Coruña e o Camiño Inglés acollerán o EcomWay, unhas xornadas sobre a ruta xacobea destinadas a profesionais do turismo, a comunicación e o marketing. O EcomWay é unha experiencia de Comunicación 2.0 para dar a coñecer a cultura, patrimonio, gastronomía e sustentabilidade concienciando o peregrino na loita contra os malos hábitos. Este evento está organizado por Turismo da Coruña e pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, o Xacobeo 2021

O EcomWay estará dividido en dúas partes. A primeira será este martes 21 no Hotel Finisterre cun pre-meeting do Camiño que abrirá a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e con varias mesas redondas e charlas nas que se falará da historia, da experiencia e dos valores e tesouros do Camiño Inglés. O evento será pechado polo presidente do Consorcio de Turismo e concelleiro de Turismo do Concello, Juan Ignacio Borrego e Carolina Rubirosa, autora de 'O teu camiñar', himno do Camiño Inglés.

A segunda parte do EcomWay levará a facer as tres etapas que separan A Coruña de Santiago aos blogueiros e xornalistas especializados participantes. Na primeira, o mércores 22, os peregrinos camiñarán da Igrexa de Santiago da Cidade Vella ata Bruma. A seguinte será o xoves percorrendo os 24km que hai entre Bruma e Sigüeiro mentres que a última, levará os camiñantes desde a localidade orosá ata Santiago de Compostela na véspera do Día do Apóstolo.

Este evento está organizado por Turismo da Coruña e pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, o Xacobeo 2021 e diferentes empresas do sector privado.

O Camiño Inglés conta en Galicia con dúas alternativas: o itinerario desde A Coruña de 73 quilómetros e o que parte de Ferrol con 112,5 quilómetros. Para poder lograr a Compostela partindo desde A Coruña é necesario completar os 100 quilómetros cunha etapa no país de orixe, aínda que tamén se lle concede aos cidadáns coruñeses que parten da nosa cidade.
Desde maio deste ano, A Coruña pertence á Asociación de Concellos do Camiño Inglés do que forman parte 16 dos 18 concellos polos que transcorre a ruta xacobea.

EcomWay , 2020-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES