Notas de prensa

A primeira Vía Verde da provincia da Coruña conectará Cerceda con Santiago cunha senda sobre as antigas vías do ferrocarril

Será a primeira Vía Verde da provincia da Coruña e a de maior extensión de Galicia, cun itinerario de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril que permitirá camiñar ou andar en bici desde o núcleo urbano de Cerceda ata a estación da Sionlla de Santiago, atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural, e contribuíndo a vertebrar os núcleos rurais da zona e terá unha importante repercusión turística e socioeconómica.

A Deputación da Coruña rematou a redacción do proxectos dos distintos tramos da Vía Verde Cerceda-Santiago e xa conta coa cesión do terreos por parte de ADIF e coas autorizacións necesarias para poder licitar as obras, que suporán un importante investimento de preto de 2,4 millóns de euros, dos que 1.860.501 € serán financiados con fondos europeos FEDER para proxectos de fomento da mobilidade sostible e a economía baixa en carbono e outros 535.129 € con fondos propios da Deputación.

Así o confirmou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, durante a visita oficial que hoxe realizou ao municipio de Cerceda, na que estivo acompañado polo novo alcalde da localidade, Juan Manuel Rodríguez, e polos deputados provinciais, José Manuel Pequeño, José Manuel Lage Tuñas e Cristina Capelán Cancelo.

González Formoso sostivo que “a Vía Verde, unha idea ambiciosa que comezou a xestarse hai máis dunha década, será unha realidade durante o presente mandato grazas ao traballo conxunto da Deputación e dos cinco concellos implicados no proxecto: Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela” e afirmou que, tras a aprobación definitiva dos proxectos nos plenos destes concellos, a Deputación comezará o proceso de licitación das obras.

Será a primeira Vía Verde da provincia da Coruña e a de maior extensión de Galicia, cun itinerario de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril (catro veces máis que a Vía Verde do Salnés) que permitirá camiñar ou andar en bici desde o núcleo urbano de Cerceda ata a estación da Sionlla de Santiago, atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural.

“Ademais de servir como elemento de vertebración do territorio, recuperando a rede ferroviaria abandonada para darlle unha nova dimensión máis ecolóxica e sostibe, a Vía Verde terá unha importante repercusión turística e socioeconómica para Cerceda e para o resto dos concellos polos que discorre”, afirmou González Formoso.

Neste aspecto inicidiu tamén o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, que considerou que o proxecto dará un impulso importante ao rural e ao turismo no municipio.

O presidente apuntou que a Vía Verde Santiago-Cerceda enmárcase na aposta do Goberno provincial pola promoción de novos modelos de mobilidade sostible con proxectos como a ampliación da Rede Ciclista Metropolitana da Coruña ou as Sendas do Faros, que tamén contan con axudas europeas para a súa creación.

Dos 36,5 quilómetros da Vía Verde, 5,5 quilómetros corresponden ao termo municipal de Cerceda, 2,48 a Tordoia, 8,3 a Ordes, 7,19 a Oroso e 13 a Santiago de Compostela.

Mellora de infraestruturas e servizos públicos en Cerceda

O presidente da Deputación destacou tamén a contribución da Deputación á mellora das infraestruturas e servizos públicos en Cerceda, con achegas cercanas aos 6 millóns de euros nos últimos anos. Un récord de investimento no que tivo moito que ver a creación do Plan Único, que permitiu mellorar numerosos camiños e estradas municipais, construír beirrarúas ou redes de saneamento.

González Formoso ofreceu ao novo rexedor, Juan Manuel Rodríguez, que vén de substituír a José García Liñares tras 25 anos á fronte do goberno municipal, “o apoio e a colaboración da Deputación para seguir mellorando a calidade de vida” dos veciños e veciñas da localidade e desexoulle os maiores éxitos na súa xestión municipal.

Tamén lembrou que Cerceda é unha das localidades afectadas polo proceso de descarbonización e apuntou que a Deputación “será sensible neste ámbito”.

Melloras da seguridade vial

O presidente provincial e o alcalde visitaron tamén durante a xornada de hoxe a estrada provincial DP 2402 de Cerceda a Xesteda, na que a Deputación vén de rematar as obras de mellora do firme primeiros 2,9 quilómetros do vial cun investimento cercano aos 300.000 euros.

González Formoso afirmou que, tras completar as expropiacións, o goberno provincial ten previsto aprobar definitivamente no pleno de marzo as obras de mellora do trazado desta mesma estrada entre os PK 4+680 e 4+925, cun orzamento de 166.095 euros, que permitirá corrixir as perigosas curvas existentes na zona e modificar a intersección coa estrada municipal que dá acceso a Ubal, onde se executará un carril central de espera que contribuirá a mellorar a seguridade na zona.

O alcalde solicitou tamén o apoio da Deputación para a mellora doutro tramo de curvas na mesma estrada, entre Bós Aires e Pau do Lobo á altura do cruce de A Lagoa.

O presidente, o alcalde e os deputados visitaron tamén durante a xornada da hoxe a sede de Elis Manomatic, unha empresa de lavandería industrial situada no polígono industrial de Acebedo que da servizo a hoteis, establecementos hosteleiros e sanitarios e que da emprego a máis de 90 persoas nos meses de maior carga de traballo.

Deputación da Coruña, 2020-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES