Notas de prensa

Expourense presenta unha nova edición do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia

O II Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia terá lugar en Expourense do 15 ao 17 de novembro e coincidirá coa celebración da XLII edición da carreira pedestre popular San Martiño, o domingo 18 de novembro. Esta conxunción de eventos fará que Ourense se converta no núcleo do atletismo e do deporte galego esta vindeira fin de semana gracias a estes eventos autonómicos de primeira orde.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron no día de hoxe na presentación da segunda edición do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia en Expourense. Alí, tras destacar moitas das cualidades do deporte incidindo na igualdade entre homes e mulleres, salientou que o deporte “sempre desperta interese, ten capacidade de sorprender, de emocionar, de motivar e de acadar beneficios para a sociedade, é desenvolvemento social, desenvolvemento económico e xera unha imaxe positiva”.

A responsable do Deporte galego uniu todas estas características a Sportur ao que definiu como “un imán para todos os que como nós saben que a actividade deportiva é a plataforma sobre a que se tece unha sociedade de futuro”. Dixo ademais que a feira é “un evento emblemático para toda a Comunidade Autónoma” que terá lugar en Expourense, recinto que grazas a súa compatibilidade conta coa “máxima ocupación a nivel feiral e deportivo”. Neste sentido, destacou que a pista cuberta de Ourense “posiciona ao atletismo galego nesta cidade e desestacionaliza a oferta”. “Todo isto suma na conquista do desenvolvemento económico da cidade onde traballa o mundo deportivo, o turismo activo e o tempo de lecer”, engadiu.

No transcurso da súa intervención, Marta Míguez subliñou tamén como a Xunta “impulsa o desenvolvemento económico da cidade apoiando a celebración de eventos como Sportur xeradores de impacto no sector turístico e deportivo e que xeran unha sociedade máis completa e máis activa”. Ademais indicou que, a pesar de ser o segundo ano, “Sportur está medrando e posicionándose de xeito contundente”.

O II Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia terá lugar en Expourense do 15 ao 17 de novembro e coincidirá coa celebración da XLII edición da carreira pedestre popular San Martiño, o domingo 18 de novembro. Esta conxunción de eventos fará que Ourense se converta no “núcleo do atletismo e do deporte galego” esta fin de semana grazas tamén á carreira á que definiu como un “evento autonómico de primeira orde e moi coñecido a nivel nacional”.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou o papel estratéxico que o turismo activo ten en Galicia polo seu importante potencial para descentralizar a actividade turística e por permitir achegar os beneficios do turismo tanto á costa como ao interior, dando así resposta aos compromisos da Estratexia do turismo de Galicia 2020. "O deporte e o turismo son perfectos compañeiros de viaxe, e Galicia é un escenario privilexiado para poñelos en práctica", explicou Nava Castro. Neste sentido, referiuse a iniciativas como as máis de 20 propostas para coñecer os seis parques naturais da Comunidade impulsadas pola Xunta e que no caso de Ourense permiten coñecer, por exemplo, o Parque de Serra de Enciña da Lastra a bordo dun kaiak polo embalse e entrar nunha das súas covas para facer espeleoloxía ou mesmo descubrir o Parque do Invernadoiro ou o do Xurés a través de orixinais rutas ciclointerpretativas en bicicleta, combinándoo con estadías no rural galego.

A elas súmanse experiencias como Galicia Surfing, con propostas de viaxe para coñecer os recursos na costa galega a través deste deporte; os Minicruceiros costeiros polas rías de Galicia ou as numerosas oportunidades que presentan os recursos fluviais galegos para realizar tanto sendeirismo ás beiras dos ríos como para a práctica de deportes de aventura, como remo, rafting ou barranquismo, entre outras moitas. Como indicou Nava Castro, a Consellería de Cultura e Turismo traballa para continuar reforzando as sinerxías, cada vez máis fortes, entre deporte e turismo no seu compromiso por un modelo turístico de calidade, responsable, sustentable e saudable.

Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense), 2018-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES