Notas de prensa

Biogrup, da USC, constata a sustentabilidade ambiental de produtos conserveiros galegos

O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogrup) do Departamento de Enxeñaría Química da USC finaliza un estudo para Conservas Perez Lafuente co que constatan que os produtos galegos teñen a sustentabilidade ambiental como un dos seus eixos principais. Os investigadores analizaron de forma particular a conserva de atún ao natural da empresa arousá mencionada.

O estudo inclúe así todas as fases do ciclo de vida, que comeza no momento da pesca, que neste caso se fai con cana e anzol, un método recomendado por organizacións como Greenpeace e WWF xa que limita as capturas, evita a sobrepesca e minimiza o problema dos descartes, isto último de especial importancia para a UE. Ademais, a actividade empresarial realízase na planta de Vilanova de Arousa seguindo métodos tradicionais como a cocción en auga de mar, o secado ao aire e a limpeza a man.

Pegada de carbono

Un dos parámetros derivados desta análise foi o calculo da pegada de carbono, indicador ambiental que cuantifica os gases de efecto invernadoiro expresados como kg de CO 2 equivalentes, e que trata de identificar aqueles produtos e procesos máis respectuosos fronte ao cambio climático. No caso da lata de atún ao natural estudada, presenta un baixo impacto (0,71 kg de CO 2 eq) en relación a outros produtos analizados.

Os principais subsistemas responsables dese impacto son o envase (42,6%) e a fase extractiva (34,2%), correspondéndolle a maior porcentaxe á produción de aluminio cun 50,3%, que a súa vez deriva nun 68% de materias primas e nun 32% de restos de metal reciclado. En segundo lugar atópase a fabricación da lata, unha vez se ten o metal co grosor axeitado, cun 29,4%. Xa en menor medida contribúe cun 16,6% o transporte e o laminado do metal cun 3,7%. O estudo tamén define diversas accións de mellora que farían reducir aínda máis a baixa pegada de carbono que xa posúe.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2018-03-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES