Notas de prensa

Comeza a nova edición da campaña ‘Dálle luz á túa factura’ para axudar os consumidores a aforrar na factura eléctrica

A nova edición da campaña Dálle luz á túa factura, unha iniciativa que busca achegar aos consumidores galegos consellos útiles para reducir o gasto en electricidade, bota a andar por cuarto ano consecutivo. O obxectivo desta campaña divulgativa é dar a coñecer as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz e facilitar a comprensión da factura eléctrica.

Elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisar a potencia contratada, valorar a discriminación horaria, ou mesmo saber como proceder á hora de presentar unha reclamación, son algúns dos aspectos que abordará esta iniciativa.

Dálle luz á túa factura chegará nos vindeiros meses a diferentes concellos galegos nos cales se realizarán xornadas informativas para asesorar aos consumidores neste tipo de cuestións. Ademais, como novidade este ano, instalarase un expositor promocional que percorrerá as principais vilas de Galicia para que as persoas interesadas poidan achegarse e consultar polo miúdo calquera cuestión ao respecto.

Ribeira, o pasado fin de semana, foi a primeira delas, onde os veciños puideron coñecer máis de preto estes consellos prácticos no mostrador que se instalou no malecón no marco da feira Artemar.

A partir de agora, o mércores 23 de agosto estará situado na praza Maior de Lugo onde, pola tarde, o centro cultural O Vello Cárcere acollera unha reunión informativa para quen queira coñecer recomendacións prácticas coas que aforrar no consumo de luz. O paseo de Pedra de Ferrol e a praza dos Barcos de Sanxenxo, son outros dos lugares onde recalará esta campaña os vindeiros 25 e 29 de agosto, respectivamente.

Outra das novidades que presenta esta edición é que esta iniciativa estará presente, tamén, en 15 feiras sectoriais que se celebrarán en Galicia no que queda de ano. A primeira, a feira de Monterroso, terá lugar o próximo 1 de setembro.

Xunto con isto, para que os consumidores poidan consultar as súas dúbidas, segue en marcha o teléfono gratuíto 900 907 723, así como a páxina de Facebook Dálle luz á túa factura, que complementan o labor de información e asesoramento que se desenvolve a través do Instituto Galego de Consumo e das oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC).

Axudar aos fogares galegos

A subministración eléctrica nos fogares é un ámbito prioritario para a Xunta de Galicia polo que supón para o benestar e a economía das familias galegas, especialmente, as máis vulnerables. Neste sentido, o tícket eléctrico social ten permitido apoiar a preto de 7000 familias no que vai de ano, axudándolles ao pagamento da factura da luz con ata 300 euros ao ano. E, do mesmo xeito, tamén as axudas para afrontar os cortes de subministración, que permiten cubrir o custo de dúas mensualidades ao ano por fogar, chegaron polo de agora ata case 4000 consumidores galegos.

Ademais, o Plan de vivenda que puxo en marcha o Goberno galego, busca que a rehabilitación de vivendas e a construción de novas edificacións vaia encamiñada a promover a eficiencia enerxética e o uso de fontes de enerxía renovables.

Inega, 2017-08-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES