Inauguración da exposición Manuel RodrÃguez López en Braga
O xoves 3 de novembro preséntase ao público na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, en Braga, a exposición MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do Concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, xa na XXI edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel RodrÃguez López, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (SecretarÃas Xerais de PolÃtica LingüÃstica e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo (Delegación de Cultura), o Concello de Lugo e a Real Academia Galega. Ademais, incorpórase a esta edición como entidade co-patrocinadora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Esta mostra itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e tamén o Centro Galego de Lisboa, o que supuxo un fito importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto.
A exposición está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vÃnculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no PaÃs catalán.
Neste acto tamén se presentarán a reedición do folleto que presenta os contidos completos da exposición, e a segunda edición da AntoloxÃa Poética de Manuel RodrÃguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago RodrÃguez.
GaliciaDigital, 2016-11-02
Actualidad

A Filmoteca de Galicia recibiu esta mañá na súa sede da Coruña o alumnado dos tres colexios galegos participantes no programa Cinema en curso para a estrea das pelÃculas que realizaron co acompañamento dos cineastas Alejandro T. Tarraf, Fon Cortizo e Ãngel Santos no marco desta iniciativa pedagóxica internacional. Nesta nova edición de Cinema en curso participaron 44 estudantes e sete docentes de sexto de Primaria dos colexios A Reigosa de Ponte Caldelas, A Rúa de Cangas e Tenorio de Cerdedo-Cotobade. A Filmoteca encárgase da coordinación na nosa Comunidade deste proxecto internacional impulsado pola asociación A Bao A Qu, cuxa metodoloxÃa fundaméntase no vÃnculo entre ver e facer cinema.

As tres universidades públicas galegas ofertarán o vindeiro curso catro dobres graos e 12 másteres de nova implantación, dentro das 17.102 prazas universitarias totais dispoñibles, tal e como avaliou o Consello Galego de Universidades na súa reunión de hoxe. Coma todos os anos, a oferta deberá ser ratificada definitivamente polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da Conferencia General de PolÃtica Universitaria. No que atinxe ás titulacións de grao, condicionado á resolución de verificación favorable a nivel estatal, o Consello Galego de Universidades na súa reunión de hoxe autorizou a implantación de dobres graos nas universidades da Coruña e de Vigo.