Notas de prensa

O CCG promove unha xornada de reflexión e debate sobre a RSE en galego

O Consello da Cultura Galega (CCG) promove un encontro de especialistas o 18 de outubro en Santiago de Compostela para debatir sobre a Responsabilidade Social Corporativa en galego. Ademáis de visualizar o panorama xeral, a xornada centrarase na incorporación da RSE en galego como estratexia de xeración de valor para os grupos de interese.

A Responsabilidade Social Corporativa (RSC), como forma de dirixir as empresas baseada na xestión dos impactos que a súa actividade xera sobre todos os seus grupos de interese e a sociedade en xeral, ten cada vez máis importancia nas entidades que teñen como obxectivo prioritario un goberno eficiente. A xestión responsable, como obxectivo compartido para contribuír ao bo funcionamento das sociedades actuais, inclúe tamén un compromiso social, particularmente coa súa cultura e a súa lingua.

No marco do auxe do debate sobre a RSC como instrumento para incorporar á estratexia e xestión das empresas preocupacións sociais, económicas e medioambientais, esta xornada quere analizar non só o panorama xeral, senón como se incorpora no caso de Galicia unha orientación cultural e lingüística que interpreta a RSC como vía de xeración de valor para todos os grupos de interese e para mellor colaborar a un desenvolvemento sostible.

As sesións de traballo, ademais de analizar o papel da edocomunicación e a xestión no ámbito da comunicación e a cultura, centraranse no marco existente, nas experiencias xa desenvolvidas, nas posibilidades que se poden explorar e, en definitiva, nunha reflexión que anime a considerar unha Responsabilidade Social Corporativa dirixida á nosa cultura e á nosa lingua.

A xornada conta coa colaboración da Fundación Galicia Empresa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Programa da xornada

Consello da Cultura Galega (CCG), 2016-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa. A conselleira salientou que 'somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)'.
Foto de la tercera plana (20240515-uvigo.jpg) Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía en Santiago entre o 18 e o 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a UVigo e que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable. O obxectivo do curso, organizado neste caso pola USC e a Universidad Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos.

Notas

Organizado pola Cooperativa Performa (Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo), Plataforma. Festival de artes performativas celebrará a súa quinta edición en múltiples localizacións de Santiago de Compostela entre o 16 e o 25 deste mes de maio. Trátase dunha cita anual ineludible para os amantes da cultura e as artes, achegando diversos públicos coa súa proposta interdisciplinar.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES