Notas de prensa

O turismo de congresos de Galicia promóvese en Italia dentro da feira TTG Incontri 2016

Turismo de Galicia mantén xuntanzas de traballo cos principais operadores italianos, especializados nesta modalidade turística. O turismo de Italia, que xa supón o segundo mercado emisor internacional máis importante logo de Portugal, medrou un 3,5% no nº de viaxeiros aloxados nos oito primeiros meses do ano.

A cidade de Rimini, no oeste de Italia, acolle o certame TTG Incontri 2016 e Turismo de Galicia presenta neste certame a oferta turística da Comunidade galega no eido do turismo de negocios, relacionado cos congresos, convencións e reunións de empresa.

Esta é unha das reunións internacionais de turismo de negocios máis importantes do mundo na que os participantes entran en contacto cos operadores turísticos especializados de Italia.

Nesta feira, con formato workshop, os representantes da industria turística italiana teñen reunións de traballo con profesionais internacionais a través das que poden coñecer novos produtos e as posibilidades que ofrecen os distintos destinos para a organización de viaxes relacionadas co turismo de negocios.

Deste xeito, Turismo de Galicia estará presente nesta feira ata mañá para presentar directamente a oferta turística galega aos operadores italianos ao longo de dúas xorndas nas que se prevé a visita dunhas 60.000 persoas.

Demanda turística de Italia

Con máis de 58.000 viaxeiros aloxados e preto de 82.000 pernoitas no segmento hoteleiro, o mercado italiano consolidouse este verán como o segundo máis importante de Galicia, por detrás de Portugal.

Polo que respecta aos oito primeiros oito meses de 2016, superouse nun 3,5% a cifra de viaxeiros italianos aloxados e nun 2,4% o volume de pernoitas do mesmo período de 2015.

Ademais, con preto de 150.000 pernoitas hoteleiras, o mercado italiano representou neste período o 11,4% do total internacional da comunidade, consolidándose tamén nestes oito primeiros meses como o segundo mercado en orde de importancia por detrás de Portugal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa. A conselleira salientou que 'somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)'.
Foto de la tercera plana (20240515-uvigo.jpg) Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía en Santiago entre o 18 e o 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a UVigo e que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable. O obxectivo do curso, organizado neste caso pola USC e a Universidad Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos.

Notas

Organizado pola Cooperativa Performa (Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo), Plataforma. Festival de artes performativas celebrará a súa quinta edición en múltiples localizacións de Santiago de Compostela entre o 16 e o 25 deste mes de maio. Trátase dunha cita anual ineludible para os amantes da cultura e as artes, achegando diversos públicos coa súa proposta interdisciplinar.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES