Notas de prensa

O Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson retratará a muller na sociedade actual

O prazo para a presentación de orixinais rematará o 24 de outubro, entre os que se outorgarán 3 premios de 1.000, 800 e 500 euros. Tanto alumnado como ex alumnado da USC e persoal docente e investigador e de administración e servizos son os destinatarios da cuarta edición do Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson.

Trátase dunha convocatoria promovida pola Universidade de Santiago no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero subscrito co Concello de Santiago.

A finalidade desta iniciativa é sacar á luz o labor historicamente invisibilizado que desenvolven as mulleres na sociedade e contribuír a redefinir os estereotipos de xénero no relativo a traballos supostamente propios de mulleres ou homes, obviando o dereito de toda persoa a escoller alternativas profesionais dun xeito libre e vocacional. Así, as temática das fotografías terá unha relación directa coas mulleres dende diversas perspectivas, premiándose a creatividade, a innovación e o impacto da propia imaxe.

As fotografías entregaranse en formato dixital cunha resolución mínima de 300 ppp, orientación horizontal e un tamaño A3 ou A4 ata o 24 de outubro de 2016. Financiados polo Concello de Santiago, outorgaranse tres premios dotados con 1.000, 800 e 500 euros respectivamente. A imaxe seleccionada como gañadora será utilizada pola USC como cartel conmemorativo do Día Internacional da Muller en 2017. Coas doce instantáneas finalistas elaborarase un calendario.

A elección de Ruth Matilda Anderson para dar nome a esta iniciativa lembra a unha muller que realizou un traballo importante nun campo desenvolvido nas súas orixes tradicionalmente por homes. Ademais presta atención á súa destacada obra, na que se inclúe o retrato que a fotógrafa estadounidense acadou da muller galego dos anos 20.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa. A conselleira salientou que 'somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)'.
Foto de la tercera plana (20240515-uvigo.jpg) Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía en Santiago entre o 18 e o 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a UVigo e que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable. O obxectivo do curso, organizado neste caso pola USC e a Universidad Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos.

Notas

Organizado pola Cooperativa Performa (Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo), Plataforma. Festival de artes performativas celebrará a súa quinta edición en múltiples localizacións de Santiago de Compostela entre o 16 e o 25 deste mes de maio. Trátase dunha cita anual ineludible para os amantes da cultura e as artes, achegando diversos públicos coa súa proposta interdisciplinar.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES