Notas de prensa

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reivindica o Camiño Primitivo en Lugo

O alcalde de Santiago participou nun acto organizado polo Concello de Lugo no marco das festas de San Froilán para poñer en valor o Camiño Primitivo. Martiño Noriega foi un dos rexedores convidados a facer un percorrido por un tramo desta ruta, entre a Porta de San Pedro e a Porta Miñá.

O alcalde de Santiago estivo acompañado neste percorrido pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o alcalde de Oviedo, Wenceslao López. Tamén participaron os alcaldes de Baleira, Ãngel Enrique Martínez-Puga; Castroverde, Xosé María Arias; o tenente de alcalde da Fonsagrada, José Ãngel Fernández; e edís de todos os grupos da corporación municipal de Lugo.

Martiño Noriega amosou a súa satisfacción "por representar a Compostela nun acto no que se reivindica a importancia do Camiño Primitivo, e coincidindo cunhas festas tan arraigadas como as de San Froilán". Tamén lembrou que foi o pregoeiro das festas de San Mateo de Oviedo, precisamente "para poñer en valor esta ruta".

Despois do percorrido polo Camiño Primitivo, o alcalde de Santiago participou nunha recepción oficial no Concello de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo un chamamento a poñer en valor o Camiño de Santiago máis antigo, o Primitivo, que a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade o ano pasado. A rexedora incidiu en que o acto de hoxe serve para que os concellos de Lugo, Oviedo e Santiago fagan "fronte común para blindar tanto a historia como o presente e o futuro do Camiño de Santiago", e para buscar o impulso cultural, social, patrimonial, e turístico da ruta primitiva, ofrecendo iniciativas conxuntas entre as tres corporacións municipais. Lara Méndez tamén adiantou a intención do goberno lugués de oficializar o Día do Camiño Primitivo dentro das Festas de San Froilán.

Pola súa banda, o alcalde de Oviedo, Wenceslao López, propuxo a creación dunha rede de municipios do Camiño Primitivo, na que Lugo, Oviedo e Santiago actúen como motor para impulsar este percorrido "que o primeiro peregrino, Afonso II, fixo desde a capital asturiana ata Compostela pasando por Lugo".

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2016-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa. A conselleira salientou que 'somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)'.
Foto de la tercera plana (20240515-uvigo.jpg) Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía en Santiago entre o 18 e o 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a UVigo e que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable. O obxectivo do curso, organizado neste caso pola USC e a Universidad Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos.

Notas

Organizado pola Cooperativa Performa (Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo), Plataforma. Festival de artes performativas celebrará a súa quinta edición en múltiples localizacións de Santiago de Compostela entre o 16 e o 25 deste mes de maio. Trátase dunha cita anual ineludible para os amantes da cultura e as artes, achegando diversos públicos coa súa proposta interdisciplinar.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES