Notas de prensa

Dúas Noites Curtas quentan motores de cara á décimo terceira edición de Curtocircuíto

O festival internacional de cine Curtocircuíto regresa coas Noites Curtas, unha programación que traerá o mellor do cinema de vangarda a Compostela, en dúas sesións ao aire libre. A primeira cita será o vindeiro xoves 25 de agosto, na praza de Praterías, cunha selección das películas máis salientables da pasada edición do festival. A segunda terá lugar o 1 de setembro na Praza da Quintana, cun programa de cine realizado en colaboración co festival WOS.

A entrada será de balde para ámbalas sesións, que comezarán a partir das 21:30.

A Noite Curta do mércores 25 de agosto presenta un programa cos traballos máis destacados da edición de 2015, que inclúe Blood below the Skin (Jennifer Reeder, 2015, Estados Unidos) e Becoming Anita Ekberg (Mark Rappaport, 2015, EE.UU/Francia) premio e mención, respectivamente, na categoría Radar.

Para a Noite Curta do mércores 1 de setembro, Curtocircuíto volve aliarse con WOS para traer á cidade de Santiago un programa audiovisual e musical arriscado, vangardista e para todos os públicos. Esta colaboración está encadrada nun acordo máis amplo entre os dous festivais que tamén inclúe o co-comisariado por parte de Curtocircuíto da programación cinematográfica do festival WOS.

Dúas sesións de cine e música para ir abrindo boca de cara ao festival, un evento multidisciplinar que, do 3 ao 9 de Outubro, traerá a Compostela música, cinema expandido e actividades formativas, acompañando un ambicioso programa de proxeccións cinematográficas.

Ademais, esta semana ábrese o prazo de inscrición para as actividades formativas que terán lugar en outubro, que celebra este ano a súa décimo terceira edición. Obradoiros sobre crítica cinematográfica, dirección de fotografía e son a cargo de profesionais de referencia internacional como o crítico nortemericano Jonathan Rosenbaum, o artista sonoro Xabier Erkizia e o director de fotografía Diego Romero.

Comunicación | CURTOCIRCUÃTO Festival Internacional de Cine, 2016-08-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES