Notas de prensa

Ourense celebrará o centenario de Prego de Oliver cunha grande exposición sobre a súa polifacética obra

O Concello de Ourense deu conta de 18 expedientes que dan luz verde a “proxectos verdadeiramente importantes para a cidade”, en palabras do alcalde, Jesús Vázquez. Outorgóuselle a licenza para o Campus da Auga e outras licenzas de obra no Casco Vello da cidade, “proba do novo pulo que está a experimentar a zona monumental de Ourense”.

Pero foi tamén a través da colaboración coa Xunta de Galicia, como se aseguraron “intervencións moi importante en materia de equipamentos e actividade cultural na cidade, como son o futuro novo museo da cidade, na contorna de San Francisco, ou as actividades do centenario do nacemento do artista ourensán Manuel Prego de Oliver”, explicou o rexedor.

Cun investimento de 4,1 millóns de euros nacen as obras do futuro edificio para o Campus da auga, que xa conta desde hoxe co proxecto de execución aprobado. “É un proxecto estratéxico para a oferta formativa da cidade, e que aprobamos cunha gran ilusión. É un proxecto no que levamos tempo traballando, que tiven a oportunidade de poñer en marcha desde a Consellería de Educación e Cultura, agora desde o Concello, e que me produce unha especial ledicia ver como se fai realidade”, destacou Vázquez Abad.

Na mesma sesión aprobáronse tamén catro licenzas para intervencións urbanísticas no Casco Vello da cidade dentro do Plan Especial de Rehabilitación, concretamente, o proxecto de rehabilitación do edificio sito na R/ Hernán Cortés, 4 – 6 – esquina a C/ Bailén; o proxecto básico e de execución de rehabilitación do edificio sito na Rúa da Lúa, 8; licenza para a instalación dun ascensor no edificio sito na rúa Cabeza de Manzaneda, 15; e, finalmente, licenza para as obras de reforma de portal e cuberta e instalación de ascensor no edificio sito na R/ San Miguel, 10. “Resulta moi satisfactorio ver como a iniciativa privada intervén nesta zona, con obras de mellora e rehabilitación para dar calidade de vida e contribuír á posta en valor da zona monumental da cidade”, destacou.

Contratación. No apartado de contratación, aprobouse a adxudicación dos arrendamentos de senllos inmobles para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Olimpo, e para a Asociación de Veciños Santa Ana do Pino. Así mesmo, deuse conta da presentación de tres ordenacións decrecentes para o arrendamento de locais para a Asociación As Termas, a Federación Limiar e a Agrupación Miño.

Convenios de colaboración. Na sesión desta mañá aprobáronse tres importantes convenios de colaboración con outras administracións e o Concello de Ourense. En materia cultural, para a rehabilitación do espazo que ocupaba a antiga igrexa de San Francisco e a súa adecuación como museo nunha localización estratéxica: xunto ao Auditorio, as novas sedes da Biblioteca Pública, o Arquivo Histórico e o claustro de San Francisco. A Consellería de Cultura destinará 1,6 millóns de euros.

Aprobouse tamén un segundo convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a realización do proxecto Prego de Oliver 100 anos. A xunta achegará 15.000 euros como contribución a esta actividade, que organizamos con motivo do centenario do nacemento do artista. “Será un proxecto singular, novidoso e interdisciplinar, do que desvelaremos detalles mais adiante, para poñer de manifesto ao autor xa coñecido e se redescubrirá a un novo Prego nas súas múltiples e integradas facetas: creador, pensador, investigador, teórico, pintor e debuxante”, adiantou o alcalde.

Medio ambiente. En materia medioambiental, o Concello acollerá as prácticas non laborais no Botánico de Montealegre para 2 persoas en período formativo.

Xuventude. A Concellería de Xuventude lanzou a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o fomento de actividades e proxectos xuvenís a prol do asociacionismo, para o ano 2016, cunha achega de 18.070,43 euros. Nesta ocasión, a convocatoria primará as propostas que se fagan en colaboración e estean orientadas á inserción laboral.

Cultura. Finalmente, o Concello avanzou os preparativos do Entroido de Verán, que terá lugar o 17 de setembro. A participación é libre e aberta a asociacións, colectivos ou persoas físicas que o desexen. A saída será ás 21:30h da Praza Maior, percorrendo a rúa Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxedor, onde será a entrega de premios ás 01:00h. Os gañadores serán elixidos por un xurado con 5 membros, que valorarán a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade. A inscrición pode realizarse desde agora na Concellaría de Cultura, e a relación de inscritos será publicada o día 13 na páxina web www.ourensecultura.com.

Concello de Ourense, 2016-08-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES