Notas de prensa

A Deputación de Lugo inicia o proceso para integrar a Fundación TIC no organismo provincial

O Vicepresidente da Deputación, Ãlvaro Santos, e o Deputado de Goberno Interior, Miguel Ãngel Sotuela, patróns da TIC, avanzaron este mércores que o organismo provincial iniciará o proceso para integrar a Fundación TIC na Deputación. Os dous responsables provinciais fixeron este anuncio durante unha reunión que mantiveron cos traballadores da entidade para informarlles da posta en marcha do proceso.

Ãlvaro Santos afirmou que “esta decisión do equipo de Goberno é froito da política de transparencia iniciada pola Deputación coa disolución do Inludes e da Fundación Tor”. O Vicepresidente asegurou que “nós apostamos por uns servizos públicos xestionados directamente pola administración, e a integración da TIC incardínase perfectamente neste obxectivo”.

Segundo Santos, “trala decisión política, agora é o momento de solicitar os pertinentes informes xurídicos e laborais para establecer os pasos que se debemos seguir para integrar a TIC, unha entidade sen ánimo de lucro que está financiada na súa totalidade con fondos provinciais”.

Menos gasto corrente e sen duplicidades

Pola súa banda, Miguel Ãngel Sotuela dixo que “coa integración da TIC na Deputación eliminaranse duplicidades administrativas, optimizaranse recursos e reducirase o gasto corrente”. Ademais, o responsable de Goberno Interior avanzou que “se manterá a finalidade da entidade, coa promoción do uso das novas tecnoloxías na nosa provincia, a cooperación cos Concellos e o apoio ao tecido asociativo”.

Deputación Provincial de Lugo, 2016-08-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES