Notas de prensa

Vilaxoán e Vilagarcía de Arousa agardan o comezo da edición máis ambiciosa do Revenidas

O Festival das Línguas arrinca este venres coa primeira das tres xornadas do festival. No porto de Vilaxoán e no seu entorno comezaron xa os preparativos para acoller a cita máis importante do ano desta vila mariñeira. Tres días con 23 bandas en directo e con 35 actividades de balde, como a Gala Solidaria Refuxiad@s Revenidas, deseñada para o público familiar, ou o Xoubiñas Festi, con actuacións para os nenos e nenas.

Anúncianse tamén outras actividades naúticas, pasarrúas, obradoiros e a Feira Revenida, con produtos culturais, creatividade e artesanía galega. E por suposto, tamén haberá a Gran Sardiñada Popular Revenidas evento que deu orixe ó Festival, última das sete citas imprescindibles dos Festivais Rías Baixas.

O Festival das Línguas terá 23 concertos no recinto de pago con bandas procedentes de Galiza, Asturies, Madrid, València, Cataluña, Euskadi, Navarra, Brasil, Austria, Rusia, Romania ou Italia. Unha combinación de sotaques e estilos musicais como o gipsy brass, balkan, groove, ska, punk, rock, funk, garage, rap, hip hop, dance hall, reggae, dub, polka, cumbia, latina, pop, fusión, folk ou electrónica. O Escenario Mahou e o Escenario Festivais Rías Baixas acollerán destacadas bandas internacionais como o máis coñecido rapeiro e activista social do Brasil, Gabriel o Pensador, os italianos Talco, os austríacos de orixe rusa Russkaja e a banda máis importante de gipsy da actualidade Fanfare Ciocarlia. Entre os grupos españois destacan La Raíz, Aspencat, Itaca Band, ZOO, La Kimbala e Juantxo Skalari & La Rude Band.

Revenidas16 voltará ser o festival de pago que máis música en galego programa. Algunhas das mellores bandas galegas da actualidade presentarán novos traballos como Familia Caamagno, Malandrómeda, Cuchufellos e Os Tres Trebóns compartirán escenarios con novos grupos participantes do Concurso de Música Emerxente Revenidas.

Ezetaerre da Coruña, deLombaos de Santiago e Os Vacalouras de Vigo estrearanse nun grande festival por primeira vez. Ata este xoves podense mercar entradas en venda anticipada por internet ou en locais espallados por Galiza. Os prezos son de 33 euros o bono dos tres días.

O venres dará comezo a apertura dos espazos do festival, o Parque de Dona Concha, as tres zonas de camping, así como outros espazos situados no entorno do festival, con foodtrucks, recuncho Dub, photocall e moitas máis sopresas. O programa da Radio Galega A Tarde desprazarase ata Vilaxoán para realizar o programa en directo desde as 16h. Unha hora despois haberá unha intervención gráfica dentro da conmmemoración do Ano Castelao e as 20 horas comezarán os concertos.

O sábado a gastronomía será protagonista do festival. Un día grande en Vilaxoán coa Gran Sardiñada Popular Revenidas, que reunirá no Parque de Dona Concha a miles de persoas para degustar á sombra das arbores máis dunha tonelada de sardiñas elaboradas coa antiga receita revenidas, propia de Vilaxoán.

A Zona Mahou acollerá por primeira vez unha prosposta gastronómica a cargo dos chefes Inés Abril e Alberto Gónzalez dos prestixiosos restaurantes con Estrella Michelín, Maruja Limón de Vigo e Silabario de Tui, respectivamente. O sábado a partir das 14 h. presentarán unha proposta moderna e innovadora da sardiña revenida. As súas interpretacións da raíña gastronómica do festival poderánse degustar ata que se rematen as 500 racións e compartiranse co público asistente de balde.

Pola tarde a Gala Solidaria Refuxiad@s Revenidas de balde e aberta a todas as familias acollerá unhas divertidas e animadas actuacións co mestre de ceremonias Peter Punk que presentará as acrobacias de Kanbahiota: La Coguette, o premiado Javi Javichi e o seu espectáculo “Veló como el rayo”, o humor e complicidade de DJuggledy con “Diábolo” e o humor e a múisca do Musicólogo. Ademais haberá obradoiros e actividades na Feira Revenida, na que se xuntarán artistas gráficos, editores, discográficas, coleccionismo, artesáns, deseñadores, xoieiros, ilustradores, libreiros, comercio xusto, asociacións culturais, organizacións políticas e creativos de moda e complementos. A Feira permanecerá aberta de balde das 12 a 24 horas, o sábado e o domingo.

E o domingo terá lugar unha das novidades desta edición, o Xoubiñas Festi, con concertos e música para os e as pequerrechas das familias. Polo correo do Vento, Chuches Amil, Mr. Cool, Bloquinho Aperta e os Títeres Crebanoces.

Revenidas comunicación & contidos, 2016-08-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES