Notas de prensa

O curso internacional da USC sobre o Camiño estuda a hospitalidade da ruta e os estudos xacobeos

A actividade, organizada pola universidade compostelana co apoio de Turismo de Galicia, é parte da programación especial do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia. O curso reúne a importantes expertos de diversas universidades e entidades europeas ata o 22 de xullo.

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou na inauguración do curso de verán “IX Leccións Xacobeas Internacionais: a hospitalidade no Camiño de Santiago”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio de Turismo de Galicia.

Durante a súa intervención, Rafael Sánchez subliñou a hospitalidade como elemento referencial da cultura xacobea e o papel do Camiño tanto como expresión de valores coma na construción de Europa.

A actividade desenvólvese en Compostela ata o venres, 22 de xullo, e aborda o Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia, a hospitalidade do Camiño de Santiago e os seus albergues e as últimas investigacións xacobeas. Ademais, o venres, para pechar os actos, os asistentes realizarán un treito do Camiño Francés, visitando o patrimonio do contorno da Ruta e coñecendo as lendas e os paraxes naturais.

Ao longo das xornadas que dura o evento participarán prestixiosos estudosos e profesores de universidade relacionados co Camiño, procedentes de centros e entidades de diversos puntos de España e incluso de países como Portugal ou Italia.

Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia

Este curso está enmarcado nas actividades programadas con motivo do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia, que se iniciou o 8 de decembro de 2015 e se estenderá ata o 20 de novembro de 2016.

Este evento supón un fito histórico para o Camiño de Santiago e para a Comunidade galega xa que, por primeira vez, se abriu a Porta Santa da Catedral nun ano que non era Ano Santo.

Por este motivo, dende Turismo de Galicia púxose en marcha unha programación especial que inclúe todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, actuacións de investigación, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.

Durante este período, Galicia ofrecerá diversos congresos e conferencias, ademais de programas culturais e concertos, conferencias, programación musical como “Música no Camiño” ou o ciclo “Cultura no Camiño”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o sábado 8 de xuño nos exteriores do complexo e nesta ocasión contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade lúdico festiva contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes durante a mañá. A carreira celébrase co obxectivo de gozar coa práctica deportiva nun enclave singular como é o Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia. Está artellada co ánimo de que os participantes o pasen ben durante o percorrido e no fin de festa.

Notas

A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
Baixo o título Love Velo, ata finais de maio pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense unha exposición biográfica arredor da figura de Xosé Velo, que a principios de 1961 dirixiu o secuestro do transatlántico Santa María para denunciar internacionalmente as dúas ditaduras ibéricas. Xosé Velo Mosquera, explícase na exposición, naceu en Celanova en 1916. Membro do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, chegou a ser elixido secretario xeral desta organización en 1935.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES