Notas de prensa

O BNG reivindica unha lei galega de memoria histórica para homenaxear a unhas 4.000 vítimas da represión

A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG incluirá no seu programa electoral a elaboración dunha Lei galega de recuperación da memoria histórica que permita homenaxear as 4.000 vítimas, homes e mulleres, que foron reprimidos e asasinados no franquismo cos que o país ten unha débeda moral e política.

Nun acto de lembranza organizado polo Bloque ante a sede do Teatro Rosalía da Coruña, polo seu simbolismo como lugar en defensa da legalidade tras o golpe fascista do 18 de xullo, Pontón reivindicou “o dereito a verdade e a reparación para que nunca máis vexamos ao fascismo, porque hoxe esa pantasma tamén percorre Europa baixo novas facianas”, advertiu.
Ana Pontón, Avia Veira, Begoña Gómez e Anxela Franco no acto en lembraza das vitimas do franquismo

Pontón comprometeu que BNG vai seguir traballando “para que en Galiza teñamos unha Lei galega de recuperación da memoria histórica, unha lei que se poña do lado das vítimas e da verdade, que garanta o acceso a todos os arquivos, axudas para as asociacións da memoria histórica, que apoie a investigación dos crimes do franquismo e a localización das fosas comúns”.

En definitiva, subliñou a dirixente nacionalista, “acadar unha Lei galega da memoria histórica que acabe coa lousa que nos impuxo o señor Feijóo, responsable do paso atrás destes sete anos na recuperación da nosa memoria, pechando todas as axudas, todas as portas. Cos seus feitos púxose do lado dos que cometeron os crimes da ditadura, do lado dos que non queren que coñezamos a verdade”.

O Bloque louvou o traballo da sociedade civil que con moi pouco recursos mantén erguida a bandeira da dignidade das vítimas e do non esquecemento, ao que o BNG quere contribuír. Neste sentido, lembrou que foi Francisco Jorquera o primeiro en reclamar no Congreso cambios para que a Lei de amnistía non se convertese “na base da impunidade” á hora de investigar os crimes do Franquismo.

Pontón denunciou o feito “vergoñento” dun Estado español que persiste “en cubrir a verdade co silencio” que se plasma en xuízos sen revisar, na desmemoria e no medo a participar en liberdade que “aínda existe”. A dirixente do Bloque fixo fincapé na “feroz represión” que o fascismo aplicou en Galiza, moi máis forte que noutras partes do Estado, con máis de 4.000 persoas desaparecidas, ao que se suman os milleiros que marcharon ao exilio.

Cunha nutrida participación, o acto arrancou coa presentación da portavoz municipal, Avia Veira, que salientou o papel de miles de veciños e veciñas anónimos da Coruña “para facer valer a liberdade e a democracia”. A historiadora Begoña Gómez Amigo fixo un relato dos feitos nos primeiros días do levantamento que, parafraseando a Celso Emilio, deu paso “a unha longa noite de pedra”. Ãnxela Franco, deputada provincial, denunciou o “xenocidio” do pobo galego, e reivindicou “o dereito a coñecer a nosa propia historia”.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2016-07-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o sábado 8 de xuño nos exteriores do complexo e nesta ocasión contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade lúdico festiva contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes durante a mañá. A carreira celébrase co obxectivo de gozar coa práctica deportiva nun enclave singular como é o Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia. Está artellada co ánimo de que os participantes o pasen ben durante o percorrido e no fin de festa.

Notas

A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
Baixo o título Love Velo, ata finais de maio pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense unha exposición biográfica arredor da figura de Xosé Velo, que a principios de 1961 dirixiu o secuestro do transatlántico Santa María para denunciar internacionalmente as dúas ditaduras ibéricas. Xosé Velo Mosquera, explícase na exposición, naceu en Celanova en 1916. Membro do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, chegou a ser elixido secretario xeral desta organización en 1935.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES