Notas de prensa

O CGAC acolle a exposición colectiva de artistas galegos Agrupar_Desagrupar

Como actividade complementaria, inclúe unha conversa entre os artistas Pamen Pereira e Isaac Pérez Vicente e os comisarios Ãngel Cerviño e Alberto González-Alegre. A mostra Agrupar_Desagrupar. Rupturas da representación permanece aberta no CGAC da capital galega ata o 26 de xuño.

A partires do venres, día 22 de abril, pode visitarse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a exposición “Agrupar_Desagrupar. Rupturas da representación”, unha mostra colectiva de artistas galegos comisariada por Ãngel Cerviño e Alberto González-Alegre.

A mostra -que permanece aberta ata o 26 de xuño- recolle o traballo dunha serie de artistas con gran diversidade de propostas estéticas e conceptuais, que loitarán pola visibilidade da súa obra nun tempo no que a creación artística en Galicia estará marcada por dous acontecementos fundamentais: O despunte de Atlántica nos primeiros anos da década dos oitenta e a creación da facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

O arco temporal da mostra arranca cos traballos de Jorge Barbi (1950), paradigma e representante de moitas das rupturas formais e ideolóxicas, e tamén o máis próximo cronoloxicamente ás últimas exposicións atlánticas. E pecha con Carme Nogueira (1970), como artista-ponte, tanto nos aspectos cronolóxicos como no relativo ás súas linguaxes e referencias, coas xeracións posteriores de artistas xa formados na Facultade de Belas Artes. Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente ou María Ruído completan a relación de integrantes deste proxecto.

O feito de non ter acoutado temporalmente a selección de obras permite poñer en diálogo pezas creadas especificamente para esta exposición, con outras realizadas dúas ou tres décadas atrás. O resultado é marcadamente heteroxéneo, amosando toda clase de linguaxes, estratexias e xéneros plásticos: pintura, fotografía, instalación, vídeo, escultura ou arte sonora.

Máis información: http://cgac.xunta.es/GL/exposicion-detalle/61/agrupar_desagrupar_GAL#ad-image-0

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES