Notas de prensa

Galicia activa unha resposta de emerxencia e axuda polo terremoto de Ecuador

Xunta e a ONGD Farmamundi colaboran desde 2009 para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes naturais e humanas. Nesta ocasión, en colaboración coa AECID, enviarase un avión cargado con auga, material de acubillo e kits de asistencia de medicamentos e material sanitario.

Xunta de Galicia, en colaboración coa ONGD Farmamundi, activou unha resposta de emerxencia para atender ao chamamento internacional de axuda aos damnificados polo terremoto que asolou o nordeste de Ecuador na noite do sábado, 16 de abril.

O sismo de 7,8 grados -o peor das últimas tres décadas- deixou polo momento máis de 400 vítimas mortais, milleiros de feridos e cuantiosos danos materiais. O país atópase en estado de excepción.

En coordinación coa Axencia Española de Cooperación Internacional, AECID, nas próximas horas sairá da Base de Torrexón un avión cara Ecuador cargado de axuda humanitaria, fundamentalmente auga, material de acubillo e kits de asistencia inmediata de medicamentos e material sanitario.

Esta actuación súmase a outras que Xunta e Farmamundi realizan conxuntamente dende o ano 2009 no marco dos oito convenios de colaboración asinados para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano. O convenio deste ano asinouse o pasado decembro por importe de 50.000 euros.

Estes convenios establecen que as actuacións deben prestar especial énfase aos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia -auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria u outro material de primeira necesidade-, en países e poboacións de menor Ãndice de Desenvolvemento Humano.

Ao longo destes anos de colaboración, a Xunta e Farmamundi teñen activado este tipo de resposta inmediata ante diferentes emerxencias acaecidas, como os tifóns Ketsana e Haiyan en Filipinas, o furacán Ida no Salvador, o terremoto e a epidemia de cólera en Haití, a crise humanitaria en Somalia e a República Democrática do Congo, as emerxencias por mor das choivas no Salvador e Nicaragua, a crise alimentaria no Sahel ou o conflito en Siria.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía. Ao longo do mes das Letras, o Gaiás organiza propostas como unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica ou dúas propostas teatrais —para público adulto e público familiar—. A primeira destas actividades será o mércores 8 de maio, e consistirá nun encontro entre alumnado de dous dos institutos nos que Luísa Villalta se desempeñou como profesora e activista cultural.
Foto de la tercera plana (tomas-barros-pardo.jpg) De pais galegos, nace en Toledo, aos sete anos volve a Galicia e instálase coa familia en Ferrol. Na súa adolescencia séntese atraído pola pintura e recibe clases do pintor ferrolán Felipe Bello Piñeiro, cursa estudos de maxisterio e exerce como mestre nacional en varias escolas. Máis tarde, en 1947 trasládase a Madrid para estudar belas artes na Escola de San Fernando, e licénciase en 1951. É nesta época cando abandona a pintura realista e entra en contacto coa corrente expresionista europea coa que sente afinidade non só no aspecto formal senón tamén polos seus contidos sociais. É tamén a época en que empeza a escribir as súas primeiras novelas e a interesarse pola filosofía, o ensaio e a literatura.

Notas

Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposición De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Buxán. A mostra, que pon o foco na faciana máis pictórica do homenaxeado, enmárcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e será a que peche a programación desta sala do curso académico 2023/2024.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) presentou na facultade de Filoloxía o nodo galego da rede CLARIAH-ES, conformado polo propio ILG e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). CLARIAH-ES é unha infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte dos consorcios europeos de investigación CLARIN -tratamento da linguaxe no eido da informática- e DARIAH -ensino e investigación no ámbito das humanidades dixitais-.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES