Notas de prensa

Exposición Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI

O Centro Torrente Ballester inaugura o 22 de xaneiro a exposición Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI, comisariada por Mónica Maneiro. Con motivo da mostra, ten lugar unha mesa redonda con diferentes axentes galegos especializados en deseño.

Sen pretender abarcar a totalidade do que o sector galego ofrece nos nosos días, a exposición Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI si achega unha mostra da realidade do novo deseño na nosa comunidade prestando especial atención ao deseño industrial, o deseño editorial, o deseño de moda, a tipografía, ou o deseño de produto. Todo isto vese pautado pola presenza das prácticas de sustentabilidade como fío de unión.

No ámbito do deseño editorial destaca a forma de comunicar de estudos como Numax, Ta Ta Ta, desescribir ou Dardo e os deseños de Uqui Permui. A tipografía ven da man da Isaac Sans creada por Marcos Dopico, inspirada na tradición da letra galega e que serve de soporte a toda a gráfica da mostra. No campo da moda atópanse as arriscadas e frescas propostas de Amai Rodríguez ou La Canalla e os cálidos tecidos de Anna Champeney. Seguindo co téxtil pero nunha liña máis experimental destaca a impoñente instalación de Sara Coleman, que se complementa na exposición coas propostas espaciais de Sistema Lupo e a intervención lumínico-artística de Arturo Ãlvarez. Creadores como Rosa Méndez, Marta Armada ou Noroeste Obradoiro son algúns dos representantes das últimas tendencias da xoiaría artesanal galega. En canto ao deseño industrial, cabe mencionar as propostas de Cenlitrosmetrocadrado e K-lo Taller de Ecodiseño e o seu proxecto lámparasdecarton.com, ou lago:monroy ou Tomás Alonso. Tamén forman parte da mostra a fusión da cestería e o téxtil nas pezas de Idoia Cuesta e os proxectos de mobiliario de Elías Cueto. A reinvención da cerámica tradicional de Víctor Ares e o deseño para nenos de Cucuducho, pechan unha proposta para imaxinar o novo deseño en Galicia.

Centro Torrente Ballester de Ferrol , 2016-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (arte-multiple-uvigo.jpg) A característica fundamental de artes gráficas como o gravado é a existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras. Partindo dese elemento, a propia evolución da arte contemporánea e os avances tecnolóxicos transformaron nas últimas décadas a noción de arte múltiple, cara o que o grupo dx5 (Digital & Graphic Art Research), da UVigo, denomina 'gráfica de campo expandido', concepto que tamén fai referencia a como a gráfica contemporánea abandona o seu carácter bidimensional para 'conquistar o espazo'. Para afondar nestas ideas, o grupo promove o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo', con tres exposicións, conferencias e intervencións no espazo público.
Foto de la tercera plana (praias-05.jpg) Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor recoñece a areais de todo o mundo seleccionados en base a rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Notas

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, arrancaba esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema “Mellor, de Madeira” e prolongarase ata o venres. O seu obxectivo é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha completa programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña a figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, nacional e internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES