//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Hortalà estudou na Escola de Artes e Oficios de Olot e na de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona. Os seus inicios como artista estiveron marcados pola produción escultórica. Tras instalarse en Londres realizou diversas series de paisaxes imaxinarias e iniciou un ciclo de traballos baseados na súa experiencia como alpinista entre 1975 e 1982, período no que participou nunha expedición ao Everest. En 2012, mostrou unha importante selección destes traballos no Centro de Arte y Naturaleza, na Fundación Beulas de Huesca e, en 2015, presentou a exposición Les Temptacions no Museu de Montserrat.
A Xunta de Galicia convoca as compañías profesionais galegas do sector escénico a presentar os seus espectáculos para formar parte do programa da vindeira feira Galicia Escena PRO, que se desenvolverá en distintos escenarios de Santiago de Compostela entre os vindeiros 25 e 28 de maio. O obxectivo principal desta cita, aá que cada ano acoden arredor dun cento de axentes do sector, é dinamizar a contratación das producións das compañías galegas tanto dentro como fóra da nosa Comunidade, así como de impulsar a súa proxección social. Tamén funciona como espazo para o debate, a reflexión e o encontro profesional arredor das diferentes disciplinas e procesos que conforman este ámbito.
Destaca na a programación como unha das citas máis destacadas o tradicional tributo deste festival a José Afonso e Rosalía de Castro. Nesta edición, actuarán o grupo Canto DAquí xunto coa Orquestra Filarmónica de Braga, que terá lugar o domingo 22 nesta mesma cidade lusa. No programa tamen están o concerto da cantora galega Uxía, de xira de celebración dos 40 anos de actividade, o recital de poesía Gallaecia, que contará coas autoras Cátia Cardoso e Elba Pedrosa, ou a posta en escena da representación teatral de 'Agora as vellas e os vellos xa se poden namorar', do grupo Pena do Equilibrio.
A Xunta de Galicia abre a finais do mes de febreiro no Museo Centro Gaiás As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI, unha exposición concibida como experiencia sensorial e inmersiva ao redor das representacións estéticas da primavera, o verán, o outono e o inverno galegos. Xogando coa colocación das obras no espazo, así como coa temperatura, as cores, os sons e as texturas, As estacións do ano constrúe un itinerario singular pola historia da arte que vai desde o Movemento Rexionalista de comezos do pasado século ata as xeracións máis novas que están a gañar recoñecemento a nivel estatal e internacional.
O catálogo Films from Galicia 2026 é unha ferramenta de difusión exterior que reúne 63 novos títulos do audiovisual galego, con 23 estreas recentes e 40 proxectos en diferentes fases de desenvolvemento. A publicación da Consellería de Cultura edítase en inglés, en formato físico e dixital. Ofrécese e compéndiase deste xeito información útil para profesionais da distribución, das vendas e da programación e incorporarase á actividade de promoción do Goberno galego en diferentes mercados e encontros especializados do circuíto internacional, co obxectivo de aumentar as oportunidades e a competitividade do sector audiovisual do país asociado, ademais, á marca Galicia Calidade.
O museo da Xunta inicia a programación de 2026 co proxecto Internalities. Arquitecturas para un equilibrio territorial, impulsado polo Goberno do Estado en colaboración con Acción Cultural Española. Trátase dunha mostra que, tal e como explicou o representante da Xunta, permite ollar os desafíos aos que deben responder as novas xeracións de arquitectos que se mostran sensibilizados coa realidade ambiental", xa que a proposta pon en valor o emprego de recursos locais, rexenerativos e de baixa pegada de carbono dunha nova xeración de estudos de arquitectura españois.
A Filmoteca de Galicia dedica en febreiro o eixo principal da súa carteleira na sala José Sellier ao ciclo Hiroshi Shimizu, o arte de perderse, realizado en colaboración coa Fundación Xapón, ao tempo que programa o inicio do especial sobre as colaboración entre Béla Tarr e László Krasznahorkai. Outras citas importantes da súa actividade mensual serán a visita de José Luis Guerin dentro da conmemoración dos 20 anos de Cinema en curso e co seu filme Historias del buen valle. A actividade prevista, que conforma o programa número 300 do centro, complétase coa segunda entrega de Territorios mutantes.
Siro López comezou a traballar como delineante na empresa metalúrxica Bazán, máis axiña foi quen de arriscarse para dedicarse de cheo ao mundo da ilustración. A partir de aí, encheu páxinas de diversas publicacións de debuxos, artigos de arte, cultura e humor, salientando o gran traballo que desenvolveu entre 1985 e 2006 en La Voz de Galicia como caricaturista político. Ademais, xunto con outros debuxantes da Comunidade, como Xaquín Marín, participou nunha serie de iniciativas que abriron novas posibilidades profesionais aos humoristas gráficos galegos, como o manifesto En defensa do humor, a publicación da revista Can sen dono, o Museo do Humor de Fene, ou a Praza do Humor da Coruña.
O Centro Galego de Arte Contemporánea foi elixido como insignia da cultura galega en 2025 polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, o prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta, e superando por primeira vez o 20% dos votos. A Cidade da Cultura ocupa o segundo posto, mentres que Centro Dramático Galego comparte a terceira posición da clasificación co Festival Internacional Outono de Teatro, o Festival Sinsal e a Bienal de Pontevedra.
A norma aprobada hoxe dirixe o manual básico, que figura como anexo do decreto, para ver as distintas formas de 'aplicar o logotipo en todas as súas accións de comunicación audiovisuais, escritas ou plásticas', e obriga á súa utilización ata o 31 de decembro de 2028. A marca do Xacobeo 2027 aplicarase tamén sempre á adquisición, reposición ou reedición de todo elemento divulgativo do evento. O decreto destaca a necesidade de que o Goberno galego e as demais entidades do sector público de Galicia esixan, sempre que o seu obxecto o permita, que se faga constar a marca do Xacobeo 2027.
Artistas consagrados como Antón Pulido, Francisco Leiro, Manolo Moldes, Xaime Quessada ou Acisclo Manzano e outros noveis, son os e as autoras das preto de 300 obras de pintura, escultura, gravado e fotografía, e ás que tamén se sumarán vídeos, instalacións e audios, que integran a día de hoxe o Museo de arte da Universidade de Vigo. Localizadas ao aire libre, en escolas e facultades e en edificios administrativos dos tres campus, as 287 obras que integran esta recompilación do patrimonio artístico da UVigo nunca antes foran reunidas nun repositorio dixital.
A revista Cumieira, vinculada ao Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, vén de publicar o seu volume número 10, que marca os dez anos da publicación desde o seu primeiro número en decembro de 2016, unha década de actividade editorial orientada a promover a investigación en filoloxía galega e a acompañar a formación dunha nova xeración de investigadoras e investigadores no ámbito da lingua e da literatura de Galicia.
O Museo Universitario A Domus do Mitreo e o Museo do Castro de Viladonga organizan unha mostra con motivo dos 25 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. A Muralla, tal e como destaca a profesora da USC e directora do Museo Universitario A Domus do Mitreo, Dolores Dopico, 'tivo unha especial relación coa Domus, xa que a súa construción supuxo destruír a casa, da que só quedou en pé o seu Mitreo'.
A noción de corporalidade e a idea de diáspora son os dous fíos condutores da exposición que reúne na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes as creacións de 17 artistas. Coa tamén egresada deste centro Cora Novoa como comisaria, esta mostra conecta, sinala, un conxunto de 'prácticas diversas que chegan a través de imaxes, obxectos, textos, rexistros, pantallas, xestos e procesos' e que comparten 'unha atención común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relación'.
No seu ensaio Un cuarto propio (1929), a escritora británica Virginia Woolf incidía na necesidade de que as mulleres teñan un espazo propio para crear, idea que constitúe o punto de partida da exposición que desde este mércores pode visitarse na Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes. Promovida polo colectivo estudantil Luscofusco, con motivo da conmemoración este domingo do Día Internacional da Muller, esta mostra reúne as creacións de 15 alumnas da facultade, baixo o título de Un Abrigo Propio.
'Esta exposición pretende reunir unha pequena pero significativa historia de militantes da esquerda heterodoxa galega, aos que podemos cualificar con razón como dobremente esquecidos. Sufriron a represión franquista como militantes de esquerdas, moitos deles pagándoa coas súas vidas e, ao mesmo tempo, o estalinismo foi tan cruel como, ou incluso máis que os primeiros; ademais do encarceramento ou asasinato, sufriron calumnias acusándoos de ser axentes de Hitler'.
A docente da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña Ana María Sánchez Bello, coordinadora do Grupo de Innovacións Educativas, participa xunto co Grupo de Investigación Cies da Universidade de Vigo nun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que busca xerar novas narrativas sobre a inclusión educativa a través do diálogo entre docentes, familias, asociacións e outros axentes educativos.
A peza Irmás, de Pascal Rambert, estreada no pasado mes decembro pola compañía da Aula de Teatro da USC, acaba de ser seleccionada para participar na cuadraxésimo terceira edición dos Rencontres Internationales de Théâtre Universitaire (RITU) que se desenvolverán entre o 24 e o 28 de febreiro en Liexa (Bélxica).
Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusións e gaita) forman Alana, un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. O trío actuará na Primavera Cultural da USC o vindeiro 19 de febreiro. O concerto, que terá lugar na Igrexa da Universidade, comezará ás 21.00 horas.
Baixo o título de 'Un mar de gravados', a exposición pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes da UVigo, e presenta un conxunto de obras desenvolvidas ao longo do último ano no Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea de Vilariño, en Cangas do Morrazo. Realizadas por 14 artistas, trátase de obras que abranguen múltiples técnicas e temáticas e que parten da vontade conxunta de 'cuestionar os límites do medio gráfico'.