Archivo (4 del 2017)

Buscador

Noticias

O Museo Centro Gaiás acolle o 29 de abril unha actividade coa que descubrir os bailes de roda e as danzas dos maios da man de Mercedes Prieto e ao son de Serxio Cobos con instrumentos ao vivo como o acordeón, a gaita ou percusións. Homenaxéase a Jean Georges Noverre, creador do ballet moderno. Este obradoiro pola Día da Danza conta con descontos e promocións en cidadedacultura.gal.
O aeroporto de Santiago, que o ano pasado conseguiu o seu máximo histórico superando por primeira vez os dous millóns e medio de pasaxeiros, continuou crecendo no primeiro trimestre deste ano, pese a que o ano pasado a Semana Santa, unha das épocas de maior tráfico no ano, caeu no mes de marzo.
O encontro que terá lugar en xuño en Santiago, promovido pola Xunta, o ICEX e a Fundación SGAE, estará presente o día 18 no prestixioso festival francés nun panel no que se abordarán os retos de adaptar a Europa os formatos televisivos en español. Amplíase ata o 30 de abril o prazo de inscrición de proxectos para as sesións internacionais de ‘pitching’ de series e mini-series.
Coas ‘Bolsas excelencia mocidade exterior’ retornarán á terra os currículos universitarios máis brillantes dos galegos no estranxeiro. Os primeiros beneficiarios iniciarían os seus estudos nalgunha das tres universidades galegas este mes de setembro. O Goberno galego engade esta nova medida ás xa adoptadas para facer fronte ao reto demográfico.
A Universidade de Santiago comeza unha nova experiencia de visitas guiadas ao seu patrimonio. Trátase dun percorrido curto que parte do Claustro de Fonseca e percorre o Colexio de San Xerome onde pode admirarse a Galería de Reitores e remata cunha vista da Praza do Obradoiro dende o balcón do Salón Reitoral.
“Saír ao encontro do público e favorecer as actividades comúns ao colectivo de profesionais da danza” son os dous obxectivos principais que se marca o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, no XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea que chega a Compostela o 17 e 18 de abril no Teatro Principal. As actuacións correrán a cargo de compañías galegas, especialmente relacionadas coa USC.
Asinouse o documento entre representantes do Sergas e dos sindicatos coa implicación da Xunta pola estabilidade no emprego ao baixar a porcentaxe de eventualidade do 8% ao 5%, tres puntos por debaixo do obxectivo asumido polo Ministerio de Hacienda. O conselleiro de Sanidade di que o obxectivo do Sergas é efectuar o 75% das medidas do Plan neste ano.
O poeta islandés Sjón e o cangués Elías Portela abren a primeira sesión da tempada o 10 de abril no Centro Ägora, onde se darán cita voces de Irlanda e México. O ciclo de recitais Poetas Di(n)versos reúne dende hai 8 anos a representantes da lírica de Galicia e tamén de todo mundo, achegando voces de Islandia, Irlanda ou México nesta edición.
O director da Agadic acompañou a Luz Casal e os representantes das entidades organizadoras e colaboradoras na presentación da sexta edición do evento, que nos últimos anos contou co apoio económico da Consellería de Cultura e Educación. A variada oferta artística e a súa faceta solidaria centran o evento en Boimorto do 8 ao 10 de setembro.
O programa ‘Noite na Domus’, unha actividade complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e a través do que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, ofrece o xoves 6 de abril a segunda das tres sesións programadas con dous pases.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (132)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES