A USC lanza unha nova visita guiada, con vistas ao Obradoiro dende o balcón da ReitorÃa da Universidade
A Universidade de Santiago comeza unha nova experiencia de visitas guiadas ao seu patrimonio. Trátase dun percorrido curto que parte do Claustro de Fonseca e percorre o Colexio de San Xerome onde pode admirarse a GalerÃa de Reitores e remata cunha vista da Praza do Obradoiro dende o balcón do Salón Reitoral.
Esta visita, cun prezo único de 2 euros, terá unha duración de 20 minutos e será polas tardes, en horarios de 16.30, 17.00, 17.30 e 18.00 horas, de luns a venres.
Visitas Guiadas continúa co seu programa longo (que inclúe a Facultade de XeografÃa e Historia) de hora e media de duración de luns a sábado ás 12.00 horas. Para máis información e compra de billetes: http://www.usc.es/es/info_xeral/visitaspatrimonio/.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-04-10
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.