Archivo (3 del 2017)

Buscador

Noticias

O secretario xeral de Política Lingüística presentou a nova proposta que chegará da man de Galaxia a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A iniciativa réndelle tributo a Carlos Casares cunha adaptación teatral da coñecida obra do autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2017. Representarase o venres 10 de marzo en Foz e o sábado día 11 en Mondoñedo.
Celebrarase do 10 ao 12 de marzo no marco do Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, e acollerá a estrea do traballo ‘Bailarina hipnótica’, de Begoña Cuquejo, baseado nunha peza da coreógrafa Sonia Gómez. Tamén contará cos traballos de Masu Fajardo e de Celeste González.
A Xunta aposta por impulsar a presenza das mulleres nos espazos de decisión e liderado, como ferramenta para conseguir inverter as tendencias das desigualdades, especialmente as de xénero. Apela á conciliación e a corresponsabilidade para acadar a igualdade real cos dereitos laborais.
A conferencia programada polo CDG e a ESAD na biblioteca do Salón Teatro de Compostela o martes 14 de marzo correrá a cargo do profesor belga Jerôme Maeckelbergh, deseñador de escenografía en máis de 50 producións teatrais, premio Europa Nostra 2014 e recoñecido divulgador do patrimonio escenográfico teatral.
As encargadas de conducir o espectáculo serán As Fillas Bravas, unha creación de Chévere dentro da súa liña de teatro con perspectiva de xénero. Son tres mulleres maiores que percorren aldeas, vilas e cidades cos seus cantos emancipatorios, recollendo a tradición dos cantos femininos para elaborar un discurso empoderador.
Poñerase a disposición dos consumidores unha ferramenta informática que se poderá consultar nas oficinas autonómicas e municipais de Consumo, e nas asociacións de consumidores e usuarios. Organizáronse xornadas informativas por toda a xeografía galega nas que participaron xa máis de 700 persoas.
O Goberno galego concede préstamos a interese bonificado con medio millón de euros, e co obxectivo de inducir un investimento de 9 millóns. Os créditos serán sen xuros para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM: un fogar con 3 membros no que entren menos de 37.400 euros ao ano.
O xurado premiou os traballos Carlos Casares, un escritor desta Galaxia e Carlos Casares Mouriño, o coleccionista de historias que estes centros presentaron nas categorías de infantil e primaria e mais de ESO, bacharelato, FP e restantes centros de ensinanzas especiais.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (156)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES