Archivo (12 del 2017)

Buscador

Noticias

O nacemento está situado na nave central, ten unha extensión de 60 metros cadrados e presenta ao redor de 600 figuras, algunhas delas en movemento. A directora de Turismo de Galicia asistiu hoxe á inauguración a cargo do cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo.
A AAAG inclúe modificacións nas bases co obxectivo de velar que as compañías participantes nos galardóns cumpran o Convenio de Actores e Actrices de Teatro de Galicia. Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para todos os profesionais do sector.
Agadic convoca 145.000 euros en axudas para promover o talento audiovisual galego a través do impulso á escrita de cinco guións, a realización doutras cinco curtametraxes e a posta en marcha de tres longas con dirección novel. Cultura destina 550.000 euros en axudas para mellorar os servizos bibliotecarios e para apoiar o sector editorial.
O grupo parlamentario En Marea rexistra unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que a Xunta negocie co goberno de Arxentina para garantir a protección, conservación e acceso ao patrimonio cultural do Centro Galego do Bos Aires, abocado á venda á empresa Ribera Sáude e á desaparición.
O número 377 do Boletín da Real Academia Galega xa pode consultarse en versión dixital na sección Publicacións de academia.gal. O volume recolle vinte colaboracións arredor da figura e a obra do poeta chairego presentados nos distintos actos organizados pola institución co gallo do Día das Letras Galegas 2016, do que foi protagonista.
O Portal das Palabras acaba de abrir a votación da na que se decidirá cal é a Palabra do Ano 2017. As finalistas son: afouteza, eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero. Pódese votar ata o 25 de decembro en http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/.
Comisións Obreiras (CCOO) reuniu en Vigo as delegadas e delegados do sector do automóbil para analizar a situación actual, así como os retos e ameazas de futuro. A cuarta quenda en PSA, o esforzo para o lanzamento do modelo K9 e a competencia desleal —sobre todo de Portugal— centraron a reunión. O sindicato subliña a necesidade de potenciar as empresas galegas para garantir o futuro, sobre todo ante o reto da industria 4.0 e o futuro vehículo eléctrico.
O Premio Artesanía de Galicia 2017 foi para a peza ‘A cunca en minifundio’ de Rodrigo Riveiro (Teo); o Premio Traxectoria, para Obdulia Rodríguez González, ‘Lula’ (Sober); e a Bolsa Eloy Gesto para Paula Ojea (Vigo). Conde asegura que a artesanía de Galicia “está máis viva que nunca” e destaca o seu potencial e prestixio.
A sede do CDG en Santiago ofrece ‘A casa do avó’ de Tanxarina os días 21 e 22, ‘Ela’ de Caramuxo Teatro o 29 e 30 e ‘Animais de compañía’ de Teatro do Noroeste o 3 e 4 de xaneiro, xunto a cadanseu taller. As 30 prazas para cada unha das dúas sesións dos cursiños sobre monicreques, Maruxa Mallo e espazo sonoro adxudicaranse por orde de reserva telefónica.
O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei para solicitar á Xunta iniciativas precisas para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural en 2018, mediante accións que permitan promover o debate e sensibilizar á sociedade galega arredor da importancia e valor do patrimonio cultural galego, e transmitir a diversidade e o diálogo intercultural.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (143)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES