Archivo (10 del 2016)

Buscador

Noticias

A actividade está a percorrer dez concellos da Rede de Dinamización. Está inspirada na comedia da arte italiana e no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. Ten unha coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e a palabra van dan man.
O cantautor berciano actuará o 23 de outubro no santuario da Virxe da Barca, nun espectáculo apoiado pola Consellería de Cultura e Educación, que tamén contará coa participación da coral local. A recadación das entradas do concerto destinarase integramente á posta en valor deste ben patrimonial.
Co obxecto de axudar o alumnado nas dúbidas formais que poden xurdir á hora de elaborar os traballos de fin de grao (TFG) ou de mestrado (TFM), o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago (USC) organiza unha nova edición do obradoiro de elaboración destes traballos.
A formación, referente da música antiga, actúa o sábado 8 de outubro, ás 20:30 horas, na igrexa de Santa María de Baiona, onde interpreta a Misa de Notre-Dame. A programación do festival continúa o 15 de outubro cun concerto do tenor Wilfried Rogl co conxunto austríaco Rosarum Flores no pazo de Mariñán, cunha visita guiada previa polo pazo.
É un dos 29 espectáculos subvencionados este ano a través da convocatoria de axudas da Xunta á produción escénica. A súa presentación ao público terá lugar este domingo dentro da programación que ofrece o Multiúsos da Xunqueira como espazo asociado á Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O Womex 2016 amplía o seu campo de operacións dende á música ao cine máis directamente emparentado coa música. Womex Film Nights é o nome da sección cinematográfica do festival que se celebrará entre 20 e o 22 de outubro e que ofrecerá un total de nove títulos no compostelano Museo das Peregrinacións.
Comezou unha nova edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, definida polo seu director Pela del Álamo como a "máis ambiciosa". Pretende afondar nunha concepción multidisciplinar da programación, acompañando con música, obradoiros, live cinemas e outras actividades o programa de proxeccións audiovisuais.
A conferencia ‘El Quijote como libro’, do profesor Luis Iglesias Feijoo, abriu o programa de actividades do Mes de Cervantes e Shakespeare en Filoloxía, un ciclo co que a Facultade compostelá quere contribuír a conmemorar o centenario da morte dos dous autores.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (147)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES