Archivo (9 del 2011)

Buscador

Noticias

No acto de clausura do seminario As televisións autonómicas e o futuro do sector audiovisual en España, o conselleiro de Cultura da Xunta salienta o papel da CRTVG na normalización lingüística e no desenvolvemento do sector audiovisual galego.
Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Tradución e no centenario do nacemento de Cunqueiro, preséntase a versión inglesa do libro Xente de aquí e de acolá, traducido por Jonathan Dunne co título Folks from here and there, co fin de proxectar a identidade e a cultura galegas no ámbito exterior.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) exhibe ata o 16 de outubro a exposición Lección de Cousas que completa o libro do mesmo título escrito por Antón Reixa, nun compromiso coa cultura galega e a procura de novos retos.
Esta actuación permite a mellora das canles comunicativas co conxunto da comunidade educativa. No futuro integraranse os novos espazos de Innovación Educativa, Atención á Diversidade e Orientación, Lexislación e Educación Viaria.
A Xunta respalda con 4,5 millóns de euros a proposta do grupo de cooperativas galegas liderada por Feiraco para dar viabilidade á planta de Clesa en Caldas. A posta en marcha da empresa implica 10 millóns de euros.
O galeón La Pepa, unha réplica dos galeóns españois que uniron España e América durante séculos, acolle a exposición itinerante conmemorativa do bicenteneario da Constitución española de 1812. O centro de interpretación da Carta Magna atraca varios días na Coruña.
O Clúster Alimentario e o Centro de Investigación Biomédica en Red organizan o primeiro encontro sobre alimentación e saúde en Santiago de Compostela para debater do presente e do futuro des alimentos saudables e comprender os seus beneficios.
A intención é fomentar a interacción entre os diferentes actores da s ocial media en Galicia e difundir entre a sociedade as vantaxes e as posibilidades de desenvolver a web 2.0 nos diferentes sectores económicos. Inclúe un bussines meeting point no que se poderán presentar iniciativas novidosas na web 2.0.
As Xornadas de Banda Deseñada, que se celebran do 4 ao 18 de outubro na Casa da Xuventude de Ourense, están dedicadas á memoria de Benito Losada e tamén haberá espazo para un tributo colectivo aos autores galegos de Polaqia que se disolve a finais de 2011.
Después de uno de los fines de semana de más actividad en la viña, la recogida de uva en la Denominación ronda los 3.000.000 de kilos. En concreto, con fecha 25 de septiembre, se llevan recogidos 2.989.240 kilos, siendo la mayoría de Mencía, 2.460.240. 27 bodegas de Ribeira Sacra terminaron la vendimia de este año.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (154)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES