
A Facultade de Ciencias da Comunicación acubillará a mediados de outubro o Foro UNIREDE, I Foro Galego da web 2.0 no que se mostrarán os logros colectados en Galicia neste eido. A intención é fomentar a interacción entre os diferentes actores da s ocial media en Galicia e difundir entre a sociedade as vantaxes e as posibilidades de desenvolver a web 2.0 nos diferentes sectores económicos. Esta é unha iniciativa que promoven a USC e a Asociación Adouspuntocero.
A xornada estará dividida de modo que cos relatorios da sesión matinal se traballará en sesión plenaria. Para iso, cóntase coa participación de Fátima MartÃnez, consultora de comunicación estratéxica, formadora en social media e unha das persoas con maior influencia no ámbito español. Ademais, a quenda de relatorios se completa coa participación de destacados expertos galegos en social media e bloggers como David Serantes, José Luis del Campo Villares e Juan José Romero Crusat.
No transcurso da tarde, as sesións desenvolveranse arredor de catro talleres temáticos sobre Turismo/gastronomÃa, Intervención Social, Comunicación e Industrias culturais. Do mesmo xeito, se exporán exemplos de boas prácticas e casos de éxito en Galicia no traballo con redes sociais.
En paralelo, vaise desenvolver un bussines meeting point no que se poderán presentar iniciativas novidosas na web 2.0 co fin de mostrar necesidades de financiamento e posibilidades de inversión, comercialización de produtos e servizos ou ben busca de Bussines partner. Toda a información está a disposición das persoas interesadas na páxina web www.forounirede.com en Facebook e en Twitter (@foroUNIREDE). As inscricións pódense realizar dende en www.forounirede.com.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.