Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Ave galego

lunes, 04 de noviembre de 2013
Facer planes ou especular é unha tarefa lexítima, que pode servir de pauta a gobernantes e gobernados para entender o que pode pasar e tratar de conseguilo.

É historia o proxecto do tren que desde Lugo viaxaría ata a costa pasando por Vilalba, por Mondoñedo, e que daría saída cara o norte a todo o interior da provincia. O proxecto quedou sobrepasado polas novas estradas, pola mobilidade que proporciona o transporte privado, e polo paso do tempo.

E agora aparece outro proxecto que, xa que estamos nos tempos do Ave, sería un Ave galego, circular, que daría a volta a Galicia en pouco máis de dúas horas, e que iría de Ourense a Lugo, de Lugo a Ferrol, e desde alí a Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e de novo Ourense.

A idea, aquí e agora, parece de ciencia ficción, xa que trazado así requeriría un investimento multimillonario para o que non é o mellor momento, e unha garantía de viaxeiros posibles que habería que estudiar detidamente porque o tren en Galicia ten perdidas tantas batallas que se esta se plantease e vencese sería como a do Cid, gañando batallas despois de ter morto.

E iso que a idea é ben bonita... pensar nun Ave que desde Ourense parase en Monforte, Sarria e chegase a Lugo. E que desde Lugo puidese parar en Outeiro de Rei, e logo en Vilalba, un pouco despois nas Pontes, e por fin en Ferrol, onde enlazaría co ferrocarril da costa Ferrol-Gijón. De Lugo a Ferrol a viaxe duraría arredor de media hora, co que de Lugo a Vilalba serian pouco máis de dez minutos.

Elucubrar non costa nada, e pensar o servizo que un medio de comunicación así prestaría á vertebración do país, fai vibrar algo no interior de nós, aíndo que unha obra coma esta, faraónica, posiblemente non sexa asumible nun tempo máis ou menos prudencial. Pero non me negarán que ten o seu encanto, que fai pensar, que revolucionaría o transporte e revitalizaría o comercio e a vida de toda Galicia.

É unha idea, que pode parecer tola. Pero un Ave galego, que esquecese o sistema radial tradicional e centralista, sería un perfecto afianzamento da nosa realidade e viabilidade como país.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES