Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por un puñado de accións

martes, 27 de septiembre de 2005
Os xornais dedican unha ou dúas páxinas de martes a sábados para divulgar as cotizacións da bolsa española, mentras radios e televisións difunden ó longo da xornada os altibaixos que experimentan as accións no "parquet" madrileño, para ter debidamente informados ós que xogan a ser financieiros coas fabas contadas dos investimentos de renda variable.

Quen verdadeiramente xoga á bolsa son os grandes investidores que non están a expensas dos movimentos dos mercados bursátiles senón que son os que provocan eses movimentos que fan gañar ou perder ós pequenos accionistas.

Días pasados produciuse unha magna operación bursátil arredor de Fenosa -Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A.- da que se puxeron en circulación varios millóns de accións que constituían o 22% do capital social.

Quen mercase esas acción convertíase na práctica no dono da empresa; alomenos no seu gobernante. Porque aínda que o 78% restante é abrumadoramente superior ó capital en cuestión, como queira que o accionariado de calquera gran empresa está moi fraccionado, quen dispoña dun paquete desa importancia controla o seu goberno e decide o seu futuro.

Dous grupos galegos e un madrileño optaban a gobernar Fenosa. Polo medio, constructores, caixas de aforro, Zara e outros megacapitalistas. A única condición era aportar máis de tres mil millóns de euros -para eles, unha bagatela- para entrar pola porta grande nunha empresa pola que o seu creador recibiu a dignidade de Conde de Fenosa por parte do entón Xefe do Estado español.

En política cuestiónase a procedencia de que varias pequenas forzas sumadas gobernen en lugar dunha maioritaria. En termos económicos non hai dúbida: a maioría é silenciosa, inconcreta, desorganizada. A minoría cualificada ten o goberno, patronea, tan só cun puñado de accións. Que supoñen miles de millóns, sí, pero son só un 22%.

O novo Conde de Fenosa é, de feito, o Presidente do Real Madrid Club de Futbol.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES