Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hora a hora

jueves, 17 de octubre de 2013
Sería no tempo da Guerra cando España cambiou a súa hora oficial e adaptouna ás grandes nacións da Europa de entón, e agora plantéase a posibilidade de recuperar aquela hora, para volver á situación inicial e axeitar a hora do país á realidade imposta pola súa situación xeográfica.

A comezo dos anos sesenta, aínda as xentes maiores deste país lembraban a existencia da hora anterior, e falábase da “hora pola vella”, e “hora pola nova”. A hora pola vella sempre era unha hora máis atrasada que a nova. A hora pola vella sería a mesma que hoxe ten Portugal, que non sufríu máis variación que as que impón a Unión Europea para aproveitar enerxia segundo a estación do ano.

O tempo, que todo vai varrendo, encargouse de quitar das nosas xente a memoria dunha hora que en tempos tivemos e logo quedou arrumbada por intereses políticos, sen que ninguén se preocupara en todo este tempo de volver as cousas ao seu sitio.

Se a medida vale para anular un feito oportunista, igualarnos a Portugal racionalizar o consumo de enerxía, cámbiese a hora, a fin de contas un convencionalismo, que o paso do tempo fará esquecer por establecer unha normalidade permanente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania