Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contrólese, señor Besteiro

martes, 08 de octubre de 2013
“Se o goberno o controla, o accesorio é que sexa unha empresa quen xestione un hospital”, algo así declarou o novo secretario xeral do PSdeG ao periódico El País, José Ramón Gomez Besteiro. Seguro que este señor é unha persoa con boas intencións, pero se isto que dixo é o que pensa facer, mal empezamos. Seguro que Gomez Besteiro sabe tanto de hospitais coma min, ou sexa nada. Porén, eu si sei de algo parecido como son ás residencias de dependentes da terceira idade onde dáse a mesma formulación de titularidade pública-xestión privada. Pois ben, en principio un exemplo real xa clarificador. Cando a unha familia dun vello a ingresar ofrecíaselle a residencia de Oleiros totalmente pública ou outra de titularidade pública pero de xestión privada, non o dubidaban, sempre querían a de Oleiros para o seu familiar, por algo sería.

A xente do común quere a pública-pública e non lle deamos máis voltas, e ten toda lóxica. Unha empresa privada non é unha ONG se non que o seu fin é o beneficio económico dela, e isto condiciona toda unha serie de factores (que agora non imos a expoñer) que rebaixan, cando non degradan, a atención do usuario. Pola contra, unha institución pública o seu fin é únicamente o beneficio das persoas que atende. Ambos fins, polo tanto, quérase ou non, sempre son contraditorios. Pero Gomez Besteiro inxenuamente dinos que esa contradición pode resolverse co control, que é o que falla, así un bo control público da xestión privada solucionaría o problema.

Eu, nun libriño que escribín cando traballaba de xefe de sección de programas da terceira idade da Xunta de Galicia, deses que non le ninguén máis que algún amigo por facerte un favor, dicía que en determinados momentos, cando as listas de espera desbórdanse e son necesarias medidas de choque pode ter sentido acudir á xestión privada (falaba de concertos) mentres non se instalaba unha sólida rede pública, pero sinalaba, por iso do control, a necesidade de contar eses centros con representantes da administración pública, uns supervisores en cada un deles que velasen diariamente polos intereses dos seus usuarios. Por suposto inutil alternativa. Noutro caso, o control non deixa de ser unha intención frustrada, porque quen o fai é un servizo de inspección, sempre precario, que por moi boa vontade que teña pouco pode controlar a vida dun centro alleo, que visita cando cadra e o que lle ensinan, incluso no caso das denuncias de usuarios ou familiares resulta farto difícil demostrar a súa validez por canto que, precisamente, esa privatización xestora, condiciona totalmente as actitudes do persoal do centro, sempre dependente dun posto de tráballo e máis aínda nos tempos que corren, o que lles impide tomar partido na súa contra.

Así que sería clarificador por parte de Gomez Besteiro que dixese como exercería un control realmente efectivo e eficaz en todas as ordes, cuantitativas e cualitativas (ratios e formación do persoal, manutención, atención material, tratamento individual, custos, etc) conseguindo, ademais, que os xestores privados gañen cartos.
En definitiva, e independentemente de que haxa prestacións que se poidan privatizar, porén, para unha persoa de esquerdas progresista, as institucións de caracter estratéxico do benestar social como a sanidade, a educación e os servizos sociais nunca poden ser obxecto de especulación mercantil porque, entón, o control remataría sendo, no mellor dos casos un paliativo sen maior repercusión rexeneradora e no peor unha falacia.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES