Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumio de presidentes

lunes, 07 de octubre de 2013
Algunha vez tiña que ser a primeira, e ven de acontecer. O actual presidente da Xunta de Galicia, ven de reunirse cos que o antecederon no cargo nunha xuntanza de traballo da que todos saen beneficiados, especialmente o que está en activo, e a mesma gobernación de Galicia.

Por lei natural, dous expresidentes non estaban presentes, pero tomaron parte os dous ex presidentes do Partido Socialista – Gonzalez Laxe e Pérez Touriño- e un do Partido Popular, Xerardo Fernández Albor mais o convocante, que xuntos viviron unha posta a punto da actualidade galega, na que o Presidente actual informaría de diversos temas aos anteriores e estes puideron facerlle saber o seu parecer sobre o que na actualidade acontece en Galicia.

Posiblemente nunca saberemos, nin fai falla, os temas que se abordaron nesta xuntanza, que se pretende repetir para facela habitual, e sexa un mecanismo que colabore á gobernación de Galicia, aproveitando a experiencia dos expresidentes. É unha medida no bo camiño, exemplo perfecto de que –tamén en política- falando, podemos entendernos todos, e poden entenderse os nosos gobernantes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES