Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O San Froilán en Barcelona

jueves, 03 de octubre de 2013
Aos festeiros do San Froilán en Barcelona

Recuperar o futuro da nosa provincia é un dos retos da Deputación de Lugo para os vindeiros anos, un reto que, sen dúbida, compartides con nós. Así o demostrades, ano tras ano, e xa van dezanove, coa celebración do San Froilán de Barcelona, o mellor escaparate da marca Lugo fóra da Comunidade galega, que pon en valor a riqueza lucense, xerando novas oportunidades socioeconómicas para a provincia.

Estou convencido de que a vosa participación, a de todos os cidadáns, é imprescindible para recuperar o futuro. Por este motivo, na procura dun destino próspero para Lugo, na Deputación estamos apostando polo denominado Goberno Aberto, no que non limitamos ó cidadán a coñecer, simplemente, o funcionamento ou as decisións que se toman dende esta institución, senón que o convidamos a participar activamente na súa xestión.

Un bo exemplo desta nova concepción na que o cidadán volve ocupar o lugar principal da vida política son os presupostos participativos que, xunto ós veciños, empezaremos a elaborar este ano. A de Lugo será a primeira Deputación en España que presentará os seus orzamentos participativos. É un reto apaixoante que os cidadáns volvan participar na xestión do público, do que é de todos, para ofrecerlles servizos de calidade e que respondan ás necesidades reais.

Estou seguro de que a forza da intelixencia colectiva contribuirá a recuperar ese futuro do que vos falaba, un futuro prometedor que tamén vos desexo ós amigos e amigas do San Froilán de Barcelona.

(José Ramón Gómez Besteiro é Presidente da Deputación Provincial de Lugo)
Gómez Besteiro, José Ramón
Gómez Besteiro, José Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES