Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reflexións

viernes, 27 de septiembre de 2013
DESDE O PREGUNTOIRO

Estamos nestes intres ante un déficit democrático emporcallado e zarangalleiro que xa comeza a feder como unha esterqueira: O Parlamento está case secuestrado, o Presidente non comparece ante a insistencia da oposición para que fale das mentiras (caso Bárcenas) que dixo nesa casa dos “pais da patria”. Coiteladas ao estado do benestar que xa non ten nome. Estafa económica (banca) que a estamos pagando os de abaixo, ou sexa, medidas que son ideolóxicas do partido gobernante, onde hai outras alternativas máis xustas, eles o saben, pero o máis doado é privatizar (agora ata mexar vas ter que pagar nas estacións) e darllos aos seus amigos para encherlle o bandullo (o que regala sobres manda).

Hai tres cousas moi importantes que non se fixeron naquela “transición”: rachar con todo vestixio do franquismo, preguntarlle ao pobo que réxime quería, unha ruptura co fascismo e non pandar coa reforma que foi a que nos impuxeron. Aquela transición, foi darlle unha aspirina ao doente de cancro.

As consecuencias de todo aquilo é que hoxe a estamos pagando con creces: unha dereita ultramontana e rexurdimento do fascio-franquismo (cachorros do PP) cunhas consecuencias imprevisibles e consentidas polos seus maiores. Todo aquilo que pasou sen curar ben ao doente, despois de máis de trinta anos, a dereita non asimilou que estamos no século XXI, en nada asemella a esa dereita (neoliberal) do noso entorno onde en Italia, Alemaña ou Francia falar de Hitler, ou Musolini é delito; neste país dos despropósitos estes furricallos franquistas fan o que lles peta.

De toda esta coitelada da transición, moitos da esquerda dos que aínda hoxe teñen cargos políticos, xamais tiveron a delicadeza de facerse unha autocrítica, cando naqueles anos toleaban pola república e unha sociedade máis xusta, hoxe falan do politicamente correcto e ata con eufemismos que da noxo oílos, canta hipocrisía zumegan polos seus poros, estou a falar daqueles militantes de altos cargos nas organizacións de esquerdas que traizoaron os seus ideais en 1982 por un posto nun partido que lle chamaban de “esquerdas ou socialdemócrata”. Fixéronnos tragar con rodas de muíño, as consecuencias hoxe se non troca o sistema actual, son estarrecedoras.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES