Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Democracia e a Paz

jueves, 26 de septiembre de 2013
A democracia é a participación do pobo no goberno dun país. Todos os rexímenes políticos dos países occidentais, e algún outro, reciben o nome de democracias. Pero, son democracias realmente, no verdadeiro significado da palabra? A miña resposta é non. Democracia non é soamente poder votar cada catro anos; é algo máis. É cando os partidos políticos e os gobernos xogan limpo, sen as corruptelas nin as influencias dos poderosos, dos que teñen o poder económico e financieiro. É cando as decisións se toman no parlamento do propio país, polos representantes do pobo, sen que veñan impostas, desde fóra, polas presións dos especuladores da bolsa nin da chamada “Troika”. É cando se lexisla a favor da maioría da poboación, procurándolle unha vida digna, tanto no campo laboral como no educativo, sanitario e social.

Hai democracia cando os poderes lexislativo, executivo e xudicial están ben delimitados e separados, sen que haxa presións nin influencias dun no outro. Hai democracia cando todo o mundo paga os seus impostos, segundo os seus ingresos. Non que os paguen só os traballadores que cobran unha nómina, e os empresarios procuren ocultar os seus beneficios ou desgravar por inversións que non benefician a ninguén, ou peor, enviar os seus cartos a paraísos fiscais. Quen máis ten é o que máis debe pagar. Iso sería o xusto.

Aos gobernantes e poderosos éncheselles a boca coa palabra democracia, pero, a realidade é que eles baleirárona de contido. A democracia da que eles falan non é a verdadeira democracia que os cidadáns esperan, a que lles permita vivir con dignidade. Esa sería a auténtica democracia.

E, se falamos do estado español, onde a riqueza está concentrada cada vez en menos persoas; onde, cada día, os ricos son máis ricos, e o número de persoas que quedan por debaixo do umbral da pobreza aumenta a diario; onde o xefe do estado non o pode elexir o pobo. É esta unha democracia? A resposta está moi clara. Non.

E, por suposto, que, sen democracia, non pode haber paz. Se non hai xustiza, non pode haber paz. Mentres haxa millóns de persoas que pasan fame e miseria no mundo, cando outros viven derrochando e consumindo moitísimo máis do que necesitan e, por encima, atentando contra o medio ambiente e agotando as materias primas do Planeta, non haberá paz. Mentres se fabriquen armas para matar e atacar a outros países por intereses estratéxicos, e para espoliarlles as materias primas, non haberá paz.

Que premio Nobel da Paz merece o señor Obama cando sustenta guerras en Irak, Agfanistán, Libia... e, agora, pretendía atacar Siria? E isto en nome da mal chamada democracia americana, que quere ser exemplo para o resto do mundo. Que democracia é a que permite a existencia de máis de vinte e cinco millóns de pobres que hai en EEUU?

Gracias, Papa Francisco, por orar pola paz. Que o Señor che dea forza e ánimo para procurar a verdadeira democracia, primeiro, dentro da Igrexa, que non existe, e, despois, no resto do mundo. Se isto se consigue, daquela si que haberá paz. Así sexa.

(Mª Lourdes Pérez Freire é membro da ).Uned Senior de Xestoso
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES