Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Jesús García Martínez, "García"

jueves, 26 de septiembre de 2013
O ar da vida

De cotío necesitamos ó ar para vivir, máis a ialma, ise río, pozo… que se valeira no vivir diario, ás veces, síntese valeira, espida, e precisa beber porque, para regar o ermo da vida, cómpre ter as augas limpas e frescas dos manantiais. Ises regatos pequerrechos que unhas veces son as artes, os libros… outras os vieiros da vida ou tamén os alentos dos amigos.

Nós somos dises que coñocemos moita xente-ás veces sóbrannos algúns-; mais tamén somos dun xeito estrano e soltamos á lixeira a verba amigo a sabendas que é unha xenerosidade da fala, non a verdade. Amigos sabemos que hai moi poucos, tan poucos que eu non teño números.
E despois de ir pola rúa atopando silveiras de dous pés, moitas delas fartas de fachenda, a un sempre lle falta tempo para poder adicarllo a aqueles os que realmente non só quer, senón que sinte hacia iles un fervor de sincero afecto e dos que sempre queda agradecido porque é agraciado con leccións maxistrales para vivir.

Iso é o que me pasa sempre con Jesús García Martínez. García pros amigos.
García, nado nas Lobeiras, é un home tan homilde, tan discreto, tan educado…que sempre evita pararse con un porque tén medo a molestar. E il non sabe que, non só non me molesta, senón que sempre me fai un favor.

García é, pra al menos a miña muller e para mín, unha disas exquisitas delicias das que pode disfrutar quen sexa sensible e amigo da cultura.
Contareilles de que coñozo a García.

Nos remates do sesenta, ao café dos meus pais (A Aldeana de Viveiro) viñan a tomar algo moita xente da bisbarra porque era uns dos lugares de reunión. Un deles era un home que “levaba” algo de seguros e que traballaba para outro máis coñocido na zoa. Sendo sempre fino, amable e dinámico, resultou ser un home con unha actividade oculta que descubrín fai poucos anos.

A excelente poetisa Dª Luz Pozo Garza escribeu, no ano 1954, na famosa revista daquela época “Vida Gallega”:
“Jesús García Martínez ha nacido en una aldea de Galicia donde el río ignora el horizonte.

Tiene un alma mágica que brilla a su alrededor como una atmósfera de triste luz que hace vivir en un mundo sólo, aislado y purísimo como en un pozo íntimo que él sólo visitase en la noche…”

E fai unha comparación co mismísimo Tagore, aclarando que non é por influencia de tan ilustre vate, senón por pura concidencia temperamental. ¡Casi nada!

Intuía eu que ise amigo, que a tantos deixará perplexos pola su oculta capacidade y calidade poética, non só fora un escribinte dunha notaría, senón que a máis de ser nomeado “corresponsal informativo da citada revista”-teño fotocopia do carné-, escribira poemas tan dignos como “A medianoche” con versos signados pola propia Dª Luz.

Secretamente entereime que, estando na mili en Madrid, frecuentou o café Xixón e o Ateneo e alí disfrutou do maxisterio de Dámaso Alonso, Gerardo Diego e, en Galicia, de Fernández del Riego entre outros.

Cónstame que hai outros poemas, máis, é de tal xeito homilde García, que non sei se serei capaz de poderlles mostrar a vostedes un posible poemario.

¡Qué contrastes hai, Deus meu, entre os que verdadeiramente son poetas e isa fartura de valeiros narcisos que estamos a sofrir. Gracias, García, e recórdanos o valor da auténtica homildade.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES