Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Independence Day

martes, 24 de septiembre de 2013
Resultan patéticos os esforzos do poder español en tratar de convencer aos cidadáns cataláns e por defecto hispanos, de que coa súa independencia caerán sobre eles as sete pragas de Exipto. O PIB descenderá traxicamente, a UE rexeitaraos, ese bodrio turístico do BCN World que ía traer o maná para esa terra esvaecerase, a súa inestabilidade económica fará que os inversores fuxan espantados… En fin Catalunya converterase nun deserto financeiro asolado polo paro e a pobreza.

Sesudos economistas fan números para demostrar que Catalunya sen España non é nada. Xusto o que sucede ao revés, España sen Catalunya será un estado en cadeira de rodas, e precisamente porque o poder o sabe non deixará nunca polas boas que Catalunya sexa independente. Porque se Catalunya acadase a independencia efectiva cun estado propio, o declive español sería imparable, non xa porque Catalunya sexa a potencia económica máis importante do estado español, cunha recoñecida historia de riqueza financeira, se non porque, ademais, por boa lóxica os vascos dirían, se os cataláns puideron porque nos non, entón teriamos aos dous países que, sen dúbida, son os que lle dan máis forza económica ao estado, independentes, con estados propios, cunhas capitais tan puxantes como Barcelona e Bilbao, xeograficamente máis perto dos puntos neurálxicos da economía europea e ambos abertos ao mar.

O estado español quedaría paralítico total identificado con Grecia ou Portugal, e Madrid, esa capital artificial permanecería, entón, en medio da nada, xestionando a pobreza dunha Galiza, Extremadura, Andalucia, Castela León, Castela a Mancha, etc, e veriamos como iría devaluándose ata quedar como unha cidade sen maís interese que o administrativo.

Ah! si, esquecíame de Valencia, unha comunidade estancada pero importante, pois se para ese tempo mantén uns gobernantes espabilados vendo como van as cousas seguro que dirán “collóns, nosaltres també som Països Cataláns”.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES