Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presións, tensións, pensións

jueves, 19 de septiembre de 2013
Xa está aí o cambio, necesariamente para peor. O das pensións hai moito tempo que nos din que non pode aguantar tal como está, porque os pensionistas cada vez son máis, os ingresos menos, e o fondo aforrado durante moito tempo está sendo consumido neste ou noutros cometidos, polo que o sistema necesita un cambio urxente para poder dicir no futuro que seguimos vivindo nun estado social no que as pensións están garantidas.

Todos os elementos están sendo contemplados. Comezouse por un informe dun comité de sabios que o fixo á medida do peticionario, como se fan case todos os informes ou enquisas. E logo comezaron os debates de se era conveniente aumentar as cotizacións, promover o aumento de cotizantes, aumentar os anos de cotización, calcular sobre todo o período laboral da persoa... sen que os gobernantes ousen dar unha mensaxe clara do que vai pasar, precisamente cando todos teñen perfectamente claro o que queren dicirnos pero non se atreven.

Xa se aumentou a idade de xubilación, aumentou o período de cálculo da pensión, pero séguese a especular – estudiar, chámaselle- con maiores aumentos. E a Ministra do ramo chega a afirmar que as futuras pensións están garantidas, que as actuais nunca máis se van conxelar, que haberá aumentos pero que non terán que ver co Ipc senón coa realidade da economía, dos ingresos no Sistema e coa esperanza de vida da nosa xente.

Todo o que nos din, soa a cuadratura do círculo. E sen embargo queremos – necesitamos – seguir confiando en que o sistema vai continuar vixente, que os pensionistas de hoxe non han perder demasiado poder adquisitivo, que os pensionistas de mañá van ter pensións parecidas ás dos de agora, e que no futuro vai seguir habendo pensións para todos os que se xubilen.

Presiónannos con demasiada información, tensiónannos coa súa inseguridade e imprevisión, e as pensións están no aire. Senón as actuais, as próximas.. E as que veñan despois.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES