Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mentira de que a xestión privada é mellor

jueves, 19 de septiembre de 2013
A MENTIRA DE QUE A XESTIÓN PRIVADA É MELLOR QUE A PÚBLICA. PESCANOVA E BARRERAS.

De tanto repetirnos que a xestión privada é mellor que a pública moitas persoas chegaron a crer que era verdade.

Comentarios como que o privado é máis eficienciente, quer dicir máis barato porque gasta menos en conseguir a prestación de servizos ou a fabricación de produtos, é moi frecuente escoitalos en boca de políticos, empresarios e incluso de economistas.
Quen non ten escoitado este argumento para a privatización dos servizos públicos?

Estes días anda nos medios de comunicación o caso de Pescanova, a empresa modelo orgullo da indentidade galega, que tanto significa para os galegos cos seus barcos pescando nos sete mares e as súas empresas filiais espalladas polo mundo enteiro.

Pois resulta que non era ouro o que relucía. A súa xestión deixaba moito que desexar.

De súpeto aparece unha débeda de 3644 Millóns de euros, segundo a auditora Deloitte, e un burato de arredor de 1.600 Millóns de euros (diferencia entre o valor da empresa e o que realmente vale).

Actualmente a empresa está administrada por un administrador designado polo xuiz, mentres non se chega a un acordo cos seus acredores. O que era presidente do Consello de Administración, Manuel Fernández de Sousa, acaba de ser subtituido por outro presidente, Juan Manuel Urgoiti, designado pola xunta de accionistas, que xa anunciou que os acredores van ter que sofrir unha quita do 75% para poder levar á empresa á normalidade.

Con esto está a dicir que un acredor ao que lle deban 100 só vai cobrar 25.
Será este o modelo de xestión privada que nos publicitan mellor que o público? Seguro que non. Así que pidamos que nos deixen de mentir sobre as excelencias da xestión privada.

Recordemos que non hai moito tamén o asteleiro Barreras de Vigo pasou por unha situación semellante, aínda que a súa débeda era moito menor, uns 75 Millóns de euros. A solución pasou por unha quita do 80% aos acredores. De cada 100 de débeda unicamente van cobrar 20, e eso en catro anos.

Seguirán dicíndonos que a xestión empresarial privada é mellor que a pública?

Si o fan non o creamos e remitámonos ás probas. A xestión privada ten de bo e de malo o que pode ter a xestión pública. Hai exemplos de ambas as dúas cousas tanto nun caso coma no outro.
Domínguez, Francisco
Domínguez, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES