Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Políticos e soldos

martes, 17 de septiembre de 2013
Son un escándalo en moitos casos, e aínda que non se poida xeneralizar, é un verdadeiro problema para a política e para o país que os políticos poidan asignarse soldos moi importantes como compensación á súa actividade pública, sen dar explicacións, sen xustificar estas compensacións, especialmente se temos en conta que vimos dun tempo en que as dedicacións políticas se prestaban sen a menor compensación .

Certo que as administracións de hoxe, coa súa complexidade e esixencia de dedicación, non son as de onte. Pero certo tamén que hoxe en día as administracións teñen hipotecada boa parte da súa capacidade de maniobra económica polos capítulos de dedicación exclusivas ou medias xornadas, e as compensacións por gastos, desplazamentos e outros conceptos. E que mentras vox pópuli rexeita todo tipo de asignacións aos políticos o certo é que a política se convertíu na actividade máis rendible como profesión, e que boa parte dos políticos renuncian ao exercicio activo da profesión que tiñan – se é que tiñan algunha- para exercer a profesión da política.

En Gondomar, un político ven de provocar unha auténtica revolución económica ao pasar do Goberno á oposoción e presentar a petición de reducción á metade das asignacións que os políticos reciben, proposición que foi aprobada por maioría e debe entrar en vigor de inmediato.

Pode ser o primeiro caso dun movemento similar. Ou non. O que está claro é que os diñeiros da política que perciben os políticos son a pedra de toque para entender os por que da lonxanía da clase política cos seus votantes, e que ou se fai unha reforma profunda e inmediata ou se producirá unha crise sen precedentes, que leva larvándose moito tempo e da que non faremos máis ca lamentarnos todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES