Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aeroportos

miércoles, 11 de septiembre de 2013
Todos queremos un aeroporto á porta da casa, e case conseguimos telo, porque se en Galicia xa funcionan –con mellor ou peor fortuna- tres, aínda podería haber máis que Lugo tivo tamén aspiracións e moi preto da capital, en Rozas da Terra Chá, ten un aeródromo que presenta todas as posibilidades, sendo unicamente dubidosas as económicas.

As económicas afectan nestes momentos aos aeroportos que traballan en Galicia, non só polo que a restricción de voos ven impoñendo a crise senón pola forte competencia e agresividade comercial doutros non lonxanos, dos que o de Oporto é o mellor exemplo.

A reacción non tardará en producirse cando se estableza de xeito definitivo o destino específico ou especializado de cada instalación aeroportuaria, prevéndose que Santiago exa potenciado para voos internacionais, tendo en conta especialmente a súa centralidade e o Camiño de Santiago, e os de A Coruña e Vigo con vocación especial de cara aos voos nacionais. Cabendo matices como para que o primeiro dos mencionados teña especial vocación de transporte de viaxeiros e os outros dous sexan máis de tipo comercial.

Como sexa, é imprescindible reaccionar diante da situación e conseguir facer remontar un sector que ten graves problemas e que debe reaccionar con prontitude para evitar un maior derrubamento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania