Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperta Zoe

martes, 13 de septiembre de 2005
Dirixímonos a vós para presentar o noso proxecto cultural e de creación: Esperta Zoe. Somos máis de cincuenta persoas, sendo a maioría deles xente nova da cidade de Lugo.

Esperta Zoe non é un proxecto multicultural, Esperta Zoe é un proxecto intercultural, no que as diferentes disciplinas culturais non se suman, senón que están interrelacionadas, a pintura, o cine, o teatro, a música e a literatura axúdanse os uns ós outros por un mesmo obxectivo, espertar a creación tanto individual como colectiva.

Este proxecto ven financiado polo Concello de Lugo a través das concellerías de Xuventude e Cultura, contando coa colaboración da Escola de Imaxe e Son. Amais diso contamos con varias asociacións que está a traballar nas diferentes disciplinas, así contamos coa asociación universitaria do Campus de Lugo Evohé, con Palimoco Teatro, co grupo musical Hora Muerta; outras asociacións e colectivos socioculturais terán colaboracións puntuais.

A presentación do proxecto será a finais de novembro nunha data que inda está por confirmar. O 16 de setembro pretendemos amosar todo o traballo dende o cal vai saír Esperta Zoe, ensinar á cidade de Lugo e a Galicia todo o que fixemos, como unha mostra do que podemos chegar a facer se de verdade estamos apoiados e unidos por un mesmo obxectivo, a creación.

Ese día realizaranse diversas actividades nas rúas da nosa cidade. En canto os horarios o comezo das actividades tense pensado para ás 12:00 h. As actividades que se desenvolverán son un concerto de música na Praza da Soidade, neste mesmo lugar situaranse varios pintores, uns pintando sobre un mural duns 6 m2, e outros pintando sobre cabaletes. Na Praza do Cantiño haberá un ensaio da obra de teatro que se poderá ver á noite. No fondo da Praza Maior terá lugar unha actividade do apartado de cinema, cos materiais correspondentes a esta disciplina artística. Por outra banda, poñeranse relatos e poemas nos escaparates dos comercios intramuros da cidade; en moitas ocasións acompañaranse de debuxos, podéndose ver como se crea un debuxo a partires dun poema ou relato, ou xustamente o proceso contrario, crear un texto a partires dunha obra pictórica.

Un dos obxectivos desta saída á rúa coa nosa creación é poder ter a maior repercusión nos medios de comunicación. Ese obxectivo crémolo moi importante, xa que se conseguimos o noso verdadeiro obxectivo na cidade de Lugo, que é facer espertar a creación da xente nova e facilitar unha saída a esa creación, pensamos que Esperta Zoe pode levarse a toda Galicia e acadar dese xeito avivar unha nova xeración en cernes, unha nova xeración que precisa o voso decidido apoio.

Agradecendo de antemán a difusión que o seu medio poida dar a este evento, quedamos á súa enteira disposición para a resolución de calquera cuestión ou dúbida.

Contacto:
Rubén Pérez Pombo, director de Esperta Zoe.
Tfno.: 620 782 281
e-mail: rubenperezpombo@hotmail.com
Pérez Pombo, Rubén
Pérez Pombo, Rubén


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES