Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paco Martín e a navalla do MANUEL

viernes, 06 de septiembre de 2013
Paco Martn e a navalla do MANUEL Memoria da Chaira enteira

O 8 de setembro, en Outeiro de Rei, vaille ser entrega a PACO MARTIN a simbólica NAVALLA DO MANUEL (María). Con este motivo, Darío Xohán Cabana escribiulle estas verbas:

Querido Paco:

Como fabricante de soños de encarga vouche dicir que non tes prezo, e desde logo o Manuel María -que certamente fabricaba moito ben os soños- saíu gañando moito coa túa colaboración.

Porque o Manuel botou toda a vida construíndo a Terra Chá, Paco, que antes de vir el nin sequera é seguro que a houbera, e aumentándolle as beiras por medio de adeallas máis ou menos ilegais: ora zarraba un pouco por Abadín, ora mudaba os marcos un pouco pra aló de Fingoi. E tamén lle aumentaba dimensións espirituais: recoñecerásque a Escola Poética da Terra Chá é unha magnífica invenci ón, especialmente cando, coma quen non quere a cousa e por medio dun intelixente xogo metonímico, se suxire que dentro dela, dalgunha maneira un pouco máxica, cabe tamén, polo menos en parte, a Escola Poética do Seminario de Mondoñedo, e mesmo a antiga das Panxoliñas do Nadal.

Pero a túa contribución á teimuda empresa do noso Gran Guieiro foi verdadeiramente importantísima; é máis, desde a perpectiva histórica que unha xa longa xeira nos concede, diría que foi esencial para chegarmos a onde estamos. Porque xa dicía o outro que sempre a lingua foi compañeira do imperio. E velaí que ata que ti lle puxeches remedio a expansión imperialista da Terra Chá carecía dunha lingua, esa magnífica lingua que non
só inventaches, senón que prestixiaches internacionalmente co máis simpático profesor que coñecín na miña vida, ese Ramón Lamote que tanto se parece a ti.

A invención do chairego foi sen dúbida a túa gran achega, dunha importacia
estratéxica que nunca se chufará bastante; pero non por iso podemos esquecer outros aspectos da túa continua e intelixente militancia que a tantos triúnfos nos levou. Inútil intentar enumeralos, pero tan sequera aludirei a un. É certo que a Terra Chá de ríos non carecía; pero a invención de regato do Cepelo, feita a partir de tan escasos elementos físicos, que hoxe lembramos sen remedio cada vez que imos pola autovía e pasamos por
Outeiro de Rei, é certamente unha ocorrencia xenial coroada polo maior dos éxitos.

Pero por moi importantes que sexan as túas contribucións á causa común; por fermosas e fondas que sexan as túas invencións; por marabilloso que sexa ler os teus libros e escoitar as túas historias, meu querido Paco, aínda hai algo que pra Manuel María, pra min e pra todos nós aínda é máis importante: que es unha das mellores persoas do mundo.
Cabana Yáñez, Dario Xoán
Cabana Yáñez, Dario Xoán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES