Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As horas baixas dos partidos

martes, 03 de septiembre de 2013
Os partidos están en horas baixas; os partidos que gobernan ou gobernaron e que, polo tanto, por acción ou por omisión, poden ser considerados responsables da situación actual da nosa sociedade e da nosa economía.

Nestes momentos, os maiores problemas en canto a relación coa sociedade tenos o Partido Popular, gobernante a escala nacional e na nosa autonomía, por non dar erguido ánimos e situación, por non dar exemplos a seguir, por non estar obtendo os resultados agardados e necesarios. Non son menos os problemas do Psoe nestes momentos segundo partido en intención de voto, que cando tiveron funcións de goberno non souberon ver con suficiente antelación e aplicar as medidas precisas á raíña de todas as crises. Tamén os nacionalistas teñen problemas de relación co electorado pola súa participación no goberno galego, e pola escisión, pero nada que ver cos dous partidos maioritarios.

Soben opcións ata agora minoritarias que fan temer que nunhas próximas eleccións poida saír un Parlamento difícilmente gobernable nun tempo que no que se precisa é estabilizar a situación e gobernar con tranquilidade.

Queda tempo para unhas eleccións, pero a confianza está en mínimos, e non pode agardarse que os cidadáns fagan esforzos de achegamento a uns partidos que se alonxaron voluntariamente da xente da que dependen. Son os partidos, os seus responsables, os que están en horas baixas, os que teñen que reaccionar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES