Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deixando morrer aos doentes

martes, 27 de agosto de 2013
CÓMO REDUCIR CUSTOS NA SANIDADE DEIXANDO MORRER AOS DOENTES

Os gobernos que padecemos, tanto no estado como nas comunidades autónomas, están espertando na nosa sociedade os peores instintos da persoa humana. Primeiro foi a denuncia anónima, dentro dun esquema nazista puro, daqueles que cobrando o paro fan traballos. Agora descólgase o noso goberno galego cun proxecto de reducción de custos na sanidade mediante o premio en metálico ao persoal sanitario que o consiga.

Cando lin esta proposta sentín en min un gran temor. Eu que me movín moitos anos no campo da Xestión de Calidade nas empresas sei moi ben que en todo proceso se poden realizar melloras para reducir custos. Existen moitas ferramentas e técnicas de estudo para levar a cabo propostas de solucións estudadas en grupos de mellora, constituídos por persoal da plantilla involucrado no problema concreto a resolver. Estes grupos traballan sempre dento da filosofía da eficacia, quer dicir, dando cumprimento aos obxectivos, e da eficiencia, empregando a menor cantidade de recursos, pero sempre tendo presenta que se debe alcanzar o obxectivo previsto.

Do non cumprimento destas premisas é de onde me xurden a min os temores. E nesa liña quero advertir que non valen solucións que non dean cumprimento ao obxectivo. Tal pode ser o caso dunha persoa que chega a urxencias e necesita ser operada para salvar a súa vida. Como ten máis de 80 anos, non se opera, polo que non se producen os gastos derivados da intervención cirúrxica. Tense conseguido a redución de custos pero non se ten cumprido o obxectivo que é salvar a vida do paciente.

Que ten pasado aquí? Pois que o obxectivo tense cambiado. Xa non é salvar unha vida senon reducir custos. Este é o gran perigo que nos agarda se as cousas non se fan marcando ben este principio da xestión de calidade: reducir custos pero conseguindo e incluso mellorando o obxectivo a conseguir, que non é a redución de custos.

Moito me temo que nesta nosa sociedade da chapuza vaise confundir o obxectivo. Aínda está fresco na memoria o recordo do accidente de tren en Angrois, que resultou ser, nin máis nin menos, que a aplicación desta mala filosofía.
Domínguez, Francisco
Domínguez, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES