Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A resaca do Naseiro

lunes, 26 de agosto de 2013
Dicía o poeta Noriega Varela que a imitación do Naseiro fixo Deus o Paraíso. E eu creo por dúas simples razóns: A primeira é a sabiduría de Noriega; a segunda, a miña propia experiencia.

Naseiro non é un conto dun toleirán que o vive a tope, nin tampouco centos de cabanotes onde se xuntan familias ou amigos para troulear durante cinco días coas as súas correspondentes noites; tampouco é unha feira sen gado-algún que outro animal hai, pero son sempre de dous pés-; nin o lugar onde se levan aos nenos a disfrutar das atraccións. Nin siquiera é un enorme e bucólico paraxe de eucaliptos e maciñeiras onde se move o corpo a golpe de meneito, rancheiras e outras pezas de moda mentras se merca nas tómbolas “otro perrito piloto” ou unha cafetera; nin tampouco son só as cancións nas mesas trai-las comiloas ou ceas, nin, sendo moito, un aperta do fermoso río Landro que nos agarima co seu “monótono fungar”.

Naseiro é, non a antesá do ceo, senón o ceo mesmo. Alí non hain nin colesterol, nin cirrosis, nin cancros, nin coxos… nin siquiera forzas de seguridade. Ata vivín un ano sen cartos. Tan só hai anxos parranderos con ganas de marcha e algún que outro santo, tampouco moitos, Virxen dos Remedios incruída. Alí a luxuria deixa de ser pecado pra convertirse en pracer. Tampouco hai murmuracións, nin noxentas envidias, nin tan cativa mala leite. Só bandeiriñas e faroliliños adornando as mesas, algunhas frores, sobre todo hortensias, luces de colorís e orixinais carteis xeneradores de sorrisos.

E veña pulpo-o polvo é outra cousa- viño, airiños, medias cheas, cheas completas, a reverter… ribeiro, albariño, wiski, cubatas–Cantinero de Cuba-wodka, coñac…lexía, deterxente…callos, empanadas, caldos, cocidos, sen cocer, salpicón, tortillas, sardiñas, chicharros…tartas de Viveiro, Xunqueira… requesóns, pasteles, froita…café, outro wiski, chopito e non tan chopo, tendas de campaña pra dormila, para acouga-los nenos ou para encargalos ós Reises. Primavera época de floración. Nove meses xustos.

Alí podedes atopar a Tarzán subindo polas árbores, un gaiteiro na túa mesa, unha charanga que tamén vos visita, una xitana que pide unha esmola ou che vende un daquele collares de papel de coloris, que sempre merquei, e que convirtíanse despois, na miña habitación, coma o peto dos recordos de maior felicidade. Aínda os disfruto e revivo aquel fermoso luar no palleiro, can incruído, ou aquel chucho furtivo na meixela e a cara inocente de reproche e complacencia. Ou pasa-lo río. Tempos que foron camiño da luxuria.

Alí foi o Fogar de Breogán cando a bandeira galega- eran os anos sesenta-significaba rebeldía e amor á Terra. Alí estaba a nosa tenda de campaña confundida, por mor da mentalidade da época, nun falso puticlub. Alí bebíamos a leite de pantera que viña ser unha mixtura de alcohol con cousas.

E un ano trais outro viña a ser a data que non podías perder. Arrestáronme na mili por quedarme. E, anos despois, rematómola la lúa de mel para non faltar. Algo terá ¿non si?
Moitos anos de pandilla e no ceo dise Naseiro atopo a outros anxos, que un día foron homes moi queridos, cantando aquelo de: Aparta, loureiro verde.

Pero sendo Naseiro todo isto e moito máis, Naseiro non é un lugar nin unha festa. E un sentimento que, coma unha pócima de meigas, está a mixturar ledicia, humor, parranda, hai que levar fame, sede, ou sede e fame, ir con folgos, e refolgos por embaixo, levar a gorxa limpa para os cantarís, calquer traxe é bó, excepto o de san Hilario-unha mau no cú e outra no carallo.

Aquel ano tiven a sorte de ligar cunha rapaza da zona, que levaba un traxe de festa ata os pés, mercado en Barcelona para unha boda.¡qué refulxente ila!.Decateime despois da miña maldade. É preciso ir sen perjuicios sociais, sen mira-lo peto e disposto a non ser moi susceptible. Naseiro é espello de tolerancia e solidaridade, de francachela, de botiquis, apertas, e mais apertas, tolerías, aturuxos, sempre levar nos beizos o sorriso…e nenos nos cabaliños, nas lanchas ou calquer outra nova pota mecánica. Alí vín á muller serpe, os libros clandestinos dos nosos mestres galegos, a Barriga verde, a vaca de seis patas, os xogos de espellos e…por iso, mirando polo ventano do maxín, alí atopei o que na Terra non hai.

Podedes crer a Noriega porque dígovolo que fun alí de neno, de rapaz, de home, de vello e aínda non rematou a farra. Naseiro é o meu espello do paraíso e direivo-lo o segredo: Compartir cos seres queridos a ledicia de ser familia, amigo, compañeiro, dacó ou de fóra, reir, cantar, darlle tralla ó xantar,olvidar as obrigas, bica-la compañeira e amar ós anxos con unha flor nos beizos.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES