Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O muíño do Rañego

viernes, 09 de septiembre de 2005
O muo do Raego Eu que cría ter cumprido,
sentíndome moi sobexo,
na lembranza, lembrando choído,
agardaba ese momento,
para ser, nin un vestixio!

Nos meus anos de moenda,
sentinme agarimado,
manobrado con barileza,
sentíame mozo, engaiolando
ás louzás mozas galegas!

Os anos co seu pasar, van
esparexendo o seu ronsel,
coitadiño e antigalla,
reverdecín en caravel!,
deuse en min a brama flama!

Ata o río descorre ledo,
rebordando albizaras,
por verme en muíño egrexio,
nunhas bariles palabras,
de galegas e galegos!

Erixíronme en boa hora,
máis sorte en min non cabe,
cuns anos de resollo, agora
pousaron en min a mirada,
como mozo en belida moza!

Trocado en fermoso lar,
deses lares sobranceiros,
en min resoa a galega fala,
desenrólanse congresos,
cantigas tamén se cantan!

Síntome unha regalía,
acollendo enxebre beleza,
nunha adozada harmonía,
en empostas, a nacencia
son, de fermosas poesías!

Vaia nome me puxeron!,
do poeta da Terra Chá!,
leva a Galicia nos versos,
soeiras dela soterradas,
sentimento dos galegos!

Chámome Manuel María,
tamén me nomeo Rañego,
relouco coa gran ledicia,
con este meu soarego,
a miña laboura xenuína!

Quen a min me ía alguén dicir,
na clarencia me vería,
estando só a velas vir,
agardando o que tremía
en pos, coa ventada fuxir!

En xacando fun ditoso,
arestora son albizara,
na flama son todo relouco,
arrecendado pola brama,
para ser máis acolledor!

Eu, muíño cabaleiro,
ás nubes ollo amoroso,
non envexo ó luceiro,
nin das estrelas o fulgor,
entre as tebras eu saliento!

En cada pedra miña,
en cadansúa delas ten,
lucenza pequerrechiña,
tendo centos e centos, ben
brillo, de abaixo arriba!

Fun erixido en Vilalba,
nun lugar privilexiado
naquela anterga estada,
da moenda retirado,
son fogar da galega fala!

(Agosto 2004)
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES