Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lucenses que respiran aliviados

lunes, 19 de agosto de 2013
A algúns amigos meus pídenlles 15 ou 21 meses de cárcere, longas penas de inhabilitación e multa por un presunto delito de tráfico de influencias ao serlles anuladas multas de tráfico. E penso que hai alomenos cinco mil lucenses que respiran aliviados por non aparecer nesa lista nefanda que se aos amigos preocupa, que fará aos que se ven implicados?.

A cifra de cinco mil é un xeito de falar, e comprende na súa inmensa maioría aos que nunca tiveron oportunidade de que se lles quitara unha multa por falta de amigos, ou porque non o intentaron. A súa ledicia é lóxica ao comprobar que foi mellor pagar a multa ca interesarse polo tema de xeito directo.

Pero neses cinco mil algún haberá – ignoro cantos- que recibiron algún beneficio similar noutros tempos, lugares ou ámbitos, e que salvan por non estar en lugar impropio no momento menos axeitado.

Somos conscientes de que non está ben anular multas pero ata agora mesmo ningún lucense – fóra dos profesionais do dereito- tiña idea de que algo así puidera estar penalizado deste xeito, nin que fose causar ningún problema a ninguén. Pero cando as cousas se miran a través do prisma axeitado resulta un panorama diferente ao que levamos vendo toda a vida.

Supoño que do que se trata é de facer exemplarizante todo este proceso, pero de todas maneiras se pola anulación dunha multa de tráfico se piden penas así, outros implicados que todos coñecemos poden dar gracias a Deus de que se teña eliminado a pena de morte na nosa lexislación vixente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES