Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Herminia, monxa galeguista e feminista

lunes, 12 de agosto de 2013
O adeus a Herminia, unha monxa galeguista e feminista

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Dios santo premita
que aquestes cantares
de alivio vos sirvan
nos vosos pesares;

de amabre consolo,
de soave contento
cal fartan de dichas
compridos deseios.

(Rosalía de Castro, “Cantares gallegos”)

Coa dor aínda ben viva en Compostela polas mortes da curva de Angrois -un absurdo accidente froito da mestura entre imprudencias e recortes asasinos en seguridade ferroviaria que afogou, na dor polos preto dos 80 mortos, a ledicia das festas compostelás e as manifestacións do día da patria-, a gaita soaba melancólica na igrexa da Compañía de María, a carón do vello edificio da Universidade compostelán, co son do himno do antigo Reino de Galiza para dicirlle o derradeiro adeus da familia, irmás de congregación e numerosas amigas e amigos a unha monxa atípica: Herminia Estoa Bouso.

Inmediatamente antes, a comunidade reunida para a celebración funeral concibida coma “Eucaristía de acción de gracias pola vida de Herminia”, erguíase para escoitar os emocionantes versos de Rosalía, que tanto amaba esta monxa; versos coma os do comezo destas letras e outros definitorios como estes:

Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.

Os versos reflectían naquel intre emotivo o amor por Galiza e a súa lingua que manifestou Herminia toda a súa vida, consonte cos versos da poeta galega por antonomasia, demasiadas veces “extranxeira na súa patria” coas xustas verbas de Paco Rodriguez:

“Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo”.

Porque Herminia, como pacífica militante galeguista, que levaba a cultura galega moi dentro do corazón e da cabeza, participou animosa desde os seus comezos no movemento de galeguización dunha Igrexa “en Galiza” que non acaba de ser “Igrexa galega”, como recoñecín no meu libro Galegos e cristiáns. Fíxoo salientablemente colaborando coa Asociación Irimia, sobre todo nas súas Romaxes de Crentes Galegos, ás que foi fiel asistinte e sufriu polas incomprensións e persecucións que tivo que padecer esta romaría atípica por parte da xerarquía galega e os elementos máis reaccionarios Igrexa. Mini participou neste compromiso con outras irmás monxas; algunhas chegaron mesmo a participar nas organizacións políticas nacionalistas.

Pero Herminia, tamén coma outras monxas, foi ademais unha muller feminista. Loitou pacificamente fronte ao patriarcalismo machista da súa Igrexa que lles quixo sempre impor a vontade dos varóns; e reivindicou a propia identidade e o posto de igualdade na Igrexa. Mª Xosé Queizán, chamounas xustamente “compañeiras na causa do feminismo”.

Grazas Mini, María, Pilar e tantas irmás da Compañía de María en Galiza.
Pérez Prieto, Victorino
Pérez Prieto, Victorino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES